A selección de rugby de Suráfrica (popularmente coñecida coma os Springboks ou Bokke) é o equipo nacional que representa a Suráfrica nas competicións absolutas masculinas de rugby. Os Springboks visten camisola verde co colo dourado, pantalón branco e medias verdes. O seu emblema tradicional é o Springbok (un tipo de gacela) e máis recente é a Protea (planta floral típica do sur de África) que é un emblema nacional en xeral. Suráfrica leva xogando ao rugby dende 1891, cando un combinado das Illas Británicas fixo unha xira polo país, xogando os Springboks o seu primeiro partido o 30 de xullo. O actual adestrador do equipo é Rassie Erasmus.
A selección de Suráfrica gañou a Copa do Mundo de Rugby en catro ocasións: 1995, 2007, 2019 e 2023, sendo a selección cun maior número de títulos, e ocupa o primeiro posto na clasificación oficial de World Rugby.Ranking World Rugby Aínda que Suráfrica foi parte na creación do Mundial de Rugby, os Springboks non foron autorizados a participar nas dúas primeiras edicións de 1987 e 1991 debido á loita contra o apartheid.
Á parte de participar cada catro anos na Copa do Mundo, os Springboks compiten cada ano no Rugby Championship (o antigo Tri Nations), que teñen gañado en seis edicións: 1998, 2004, 2009, 2019, 2024 e 2025. Ademais Suráfrica ten recibido 14 xiras dos British and Irish Lions (selección dos mellores xogadores de Inglaterra, Gales, Escocia e Irlanda) dende 1891 até 2021, sendo eventos moi seguidos polos medios, e nas que os Springboks gañaron 9 das 14 series disputadas: 1903, 1910, 1924, 1938, 1962, 1968, 1980, 2009 e 2021.British & Irish Lions history
Os Springboks se caracterizan por un xogo de desgaste físico, de presión ó rival con placaxes dominantes e patadas a seguir, que contrasta co estilo do seu máximo rival histórico, os All Blacks de Nova Zelandia, que se caracterizan por levar a cabo un rugby expansivo con xogo á man.
A selección de rugby de Suráfrica recibiu o Premio Laureus como mellor equipo do deporte mundial nos anos 2008Team of the year 2008 winner e 2020Team of the year 2020 winner , e estivo entre os candidatos en 2010Team of the year 2010 nominee e 2024Team of the year 2024 nominee . Os Springboks son o único equipo de rugby que acadou ese recoñecemento dúas veces.Laureus World Sport Awards - Past Winners
Historia Inicios A historia da selección de rugby de Suráfrica comeza en 1889 cando se funda a South African Rugby Board. O seu comité decidiu que o mellor xeito de promover este deporte sería convidar a un equipo das Illas Británicas para que viaxase a terras surafricanas e levase a cabo unha xira de varias semanas por todo o territorio da República Surafricana, da Colonia de Natal, do Estado Libre de Orange e da Colonia do Cabo (Suráfrica non existiu como unidade política até 1910) como xa fixera en 1888 por terras australianas e neozelandesas. En 1890 a proposta foi aceptada pola Rugby Football Union e o 9 de xullo de 1891 o combinado de xogadores británicos xa estaba en Cidade do Cabo disputando o primeiro encontro da xira contra un equipo local. Durante a súa estadía os británicos disputaron un total de vinte encontros, tres deles contra a selección de Suráfrica. O primeiro dos tres encontros da selección de Suráfrica contra o combinado británico levouse a cabo o 30 de xullo de 1891 na cidade de Port Elizabeth, caendo os locais por 4 a 0. O segundo encontro da selección surafricana tivo lugar en Kimberley o 29 de agosto de 1891, novamente con vitoria británica por 3 a 0. O terceiro encontro da serie tivo lugar en Cidade do Cabo o 5 de setembro de 1891, con resultado de 4 a 0 a prol do conxunto británico. Durante aquela xira os británicos concederon un trofeo chamado Currie Cup ao equipo que consideraron merecedor polo seu bo desempeño no terreo de xogo, que foi a parar ao equipo de Griqualand West. Ese trofeo inspirou a creación dun torneo entre provincias surafricanas no que se poñería en xogo a Currie Cup, que a día de hoxe segue sendo a máxima competición nacional de rugby no país. A popularidade do rugby medrou rapidamente en Suráfrica a partir da xira británica de 1891, que foi replicada novamente en 1896 e 1903. O 12 de setembro de 1903 é a data da primeira vitoria dos Springboks, que tivo lugar no estadio de Newlands, en Cidade do Cabo, no terceiro encontro das series contra o equipo das Illas Británicas.
Apartheid Incluso antes de que as leis do apartheid fosen promulgadas en Suráfrica os Springoboks foran sempre un equipo formado por xogadores de cor branca. O equipo converterase nun símbolo de división racial neste Estado, mais despois das primeiras eleccións abertas de 1994, o partido gobernante Congreso Nacional Africano (ANC) instituíu a política de cambio no deporte surafricano. Neste contexto, a transformación pode definirse como "unha completa alternancia da aparencia ou carácter do rugby surafricano", converténdose oas Springboks nun equipo máis representativo de toda Suráfrica.
Na Copa do Mundo de 1995 gañado por Suráfrica só participou un xogador non branco, Chester Williams. Isto continuou durante as grandes citas da selección nos mundiais de 1999 e 2003. Noa final do mundial de 2007 participaron dous xogadores non brancos. A pesar de que existe un sistema de cotas para fomentar a participación de xogadores non brancos na Super 14 (liga de rugby do país) e aos equipos de ámbito provincial hai por agora moitos máis xogadores brancos de rugby en Suráfrica, a transformación está sendo lenta en palabras do presidente da SARU Oregan Hoskins. Porén, a presión política sobre os adestradores e administradores para seleccionar a xogadores non brancos, dezaseis dos trinta e cinco novos Sprinboks seleccionados polo ex-adestrador John White eran non brancos. O ministro do Parlamento Butana Komphela expresou a opinión de moitos políticos do país cando dixo: "O deporte non pode ser excluído dos imperativos da potenciación e a transformación"Springboks keep up search for the right blend of colour coordination .
Os símbolos Equipamento miniatura|dereita|Bob Skinstad coa camisola verde Suráfrica xoga con camisola verde, pantalóns brancos e medias verdes. O seu xersei leva bordado o emblema da SA Rugby (Federación Surafricana de Rugby) na esquina superior dereita e na manga tradicionalmente adoita levar un colar dourado. O equipamento está elaborado por Nike e o seu patrocinador na camisola é a entidade financeira First National Bank (FNB). A camisola verde foi utilizada por primeira vez cando o equipo das Illas Británicas fixeron a súa xira surafricana en 1896A unidade do símbolo: o Springbock vs a Protea . Na primeira xira dos Boks polo Reino Unido e Irlanda entre 1906 e 1907 os surafricanos levaron un xersei verde con cores brancas e pantalóns e medias azuis. Unha réplica desta vestimenta foi utilizada en 2006 contra Irlanda en Dublín para conmemorar o centenario da xiraBoks to wear original strip against Irish .
Springboks miniatura|Un springbok|esquerda O alcume de springbok e o logotipo datan da xira de 1906 e 1907 pola Gran Bretaña. A gacela (springbok, un tipo de antílope) foi elixido para representar ao equipo polo capitán da selección neses intres, Paul Ross, nunha tentativa de evitar que a prensa británica se inventase o seu propio nome. O emblema non estaba só restrinxido para o equipo de xogadores de cor branca, o primeiro equipo nacional de cores usouno en 1939 e o primeiro equipo de cor negra en 1950. Despois da caída do apartheid en 1992 engadiuse ao logo a flor da protea. Cando o ANC foi electo en 1994 o nome do equipo non foi cambiado a Proteas como noutros deportes debido exclusivamente á intervención do Presidente Nelson MandelaStrains show as nation cheers on the Boks .
En decembro de 2008, a SARU decidiu colocar a protea no lado esquerdo da camisola dos Boks, ao igual que outros equipos nacionais surafricanos, e mover o springbok cara ao lado dereitoSpringbok badge to move to right . A nova camisola será estreada na xira dos Brithish and Irish Lions de Suráfrica en 2009New Springbok jersey to be launched in time for British & Irish Lions tour .
Estadios representativos dos Springboks miniatura|Mapa de Suráfrica Os Springboks disputan os seus encontros como local en varios estadios arredor de toda Suráfrica. No Mundial de 1995 o estadio principal no que se disputou a final e no que gañaron a súa primeira Copa do Mundo foi o estadio Ellis Park de Xohanesburgo, con capacidade para 62.567 espectadores.
Outros recintos que acollen habitualmente os encontros dos Springboks sonTicket information, na páxina web dos Springboks. o estadio Loftus Versfeld de Pretoria, o estadio Kings Park de Durban, o estadio Free State de Bloemfontein, o estadio Nelson Mandela Bay de Porto Elizabeth, o estadio Mbombela de Nelspruit e o estadio de Green Point en Cidade do Cabo, que tomou o relevo do estadio Newlands, pechado en 2020.
O primeiro partido internacional de Suráfrica foi no St George's Park Cricket Ground de Porto Elizabeth en 1891. O Ellis Park foi construído en 1928, acollendo en 1955 unha marca de 100.000 espectadores nun partido amigábel entre Suráfrica e os Britsh Lions.
Dise dos Boks que teñen unha notábel vantaxe sobre outras localizacións fora da casa cando xogan a unha grande altitude na montañosa rexión do Highveld. Nos partidos no Ellis Park, Loftus Versfeld ou no Vodacom Park dise que se presentan problemas físicos, influíndo ademais nun gran número doutros factores coma a traxectoria do balón ao patealo. Os expertos discrepan sobre se é real o desafío físico ou só se debe a un estado psicolóxico. EstadioCidadeCapacidadeÚltimo encontro ▲ FNB Stadium Xohanesburgo 94.736 5 de setembro de 2026 Cape Town Stadium Cidade do Cabo 58.310 29 de agosto de 2026 Ellis Park Stadium Xohanesburgo 62.567 22 de agosto de 2026 Kings Park Stadium Durban 54.000 18 de xullo de 2026 Loftus Versfeld Stadium Pretoria 51.762 11 de xullo de 2026 Nelson Mandela Bay Stadium Porto Elizabeth 46.000 20 de xuño de 2026 Mbombela Stadium Nelspruit 43.500 19 de xullo de 2025 Free State Stadium Bloemfontein 46.000 20 de xullo de 2024 Newlands Stadium † Cidade do Cabo 51.900 23 de xuño de 2018 †
Rivalidades O principal e máis grande rival dos Springboks son os All Blacks (a selección de Nova Zelandia). Está considerada a maior rivalidade deste deporte no mundo, e xuntos protagonizan o clásico por excelencia. Disputaron as finais da Copa do Mundo en 1995 e 2023, ambas gañadas por Suráfrica. O historial particular favorece a Nova Zelandia con 64 vitorias por 46 de Suráfrica. Son as dúas potencias máis gañadoras da historia do rugby, conquistando entre as dúas seleccións sete Copas do Mundo das dez que se disputaron. As xiras de 1981 e 1986 entre Suráfrica e Nova Zelandia estiveron marcadas polo aparheid, xerando protestas masivasEl partido de rugby en el que llovieron bombas de harina contra el 'apartheid', artigo en El Periódico. , divisións sociais extremas e xiras rebeldes non oficiaisAll Blacks rebel tour that created a split with New Zealand public, artigo en ESPN. que sacudiron o mundo do rugby. En 2026 as dúas seleccións disputaron unha serie ao mellor de catro encontros bautizada como "Rugby’s Greatest Rivalry" (a maior rivalidade do rugby) que acabou gañando Suráfrica con 3 vitorias e 1 derrota.Los Springboks vencen a los All Blacks en la 'Rivalidad más grande', artigo en Marca.
Os Wallabies (a selección de Australia) son un clásico rival dos Springboks con case cen encontros entre ambos equipos. Enfróntanse cada ano no Rugby Championship, e o historial favorece a Suráfrica con 53 vitorias e 41 derrotas. Australia é a única selección agás Nova Zelandia que foi capaz de eliminar a Suráfrica na Copa do Mundo. Fíxoo nas edicións de 1999 e 2011.