Yamagata (山形市, やまがたし, Yamagata-shi) é un concello e cidade da prefectura de Yamagata no Xapón, capital da súa prefectura. Está situado no centro-sur da rexión de Tōhoku e no centro-leste da prefectura, e ó leste da illa de Honshū. Ten 381,34 km² de superficie, unha poboación de 254.924 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 668 hab./km². Antes de Meiji, era unha parte da provincia de Dewa, e despois da provincia de Uzen.

O concello de Yamagata limita cos concellos de Kaminoyama, Nan’yō, Yamanobe, Tendō, Higashine (que son da prefectura de Yamagata); de Kawasaki e Sendai (que son da prefectura de Miyagi).

Turismo e lugares de interese Risshakuji (立石寺).

Cidades irmandadas Kitzbühel, Tirol, Austria (1963). Swan Hill, Victoria, Australia (1980). Jilin, China (1983). Ulan-Ude, República dos Buriatos, Rusia (1991). Boulder, Colorado, EUA (1994).

Galería de imaxes

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Yamagata .

Categoría:Prefectura de Yamagata Categoría:Concellos do Xapón