Asakuchi (浅口市, あさくちし, Asakuchi-shi) é un concello da prefectura de Okayama no Xapón. Está situado ó suroeste da prefectura, na área da provincia histórica de Bitchū, e na parte de San'yō da rexión de Chūgoku, na illa de Honshū. A súa superficie é de 66,46 km², a poboación é de 36.517 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 549 h/km².

O concello de Asakuchi limita cos concellos de Kasaoka, Satoshō, Yakage e Kurashiki.

Historia A cidade de Asakuchi foi fundada no ano 2006 pola fusión de tres concellos de vilas do distrito de Asakuchi; Kamogata, Konkō e Yorishima.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Asakuchi .

Categoría:Prefectura de Okayama Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Rexión de San'yō