The Office é unha serie de televisión estadounidense, unha comedia satírica rodada como se fose un documental que conta as xornadas de traballo dos empregados dunha oficina en Scranton, Pennsylvania da compañía ficticia Dunder Mifflin Paper Company. Emitiuse orixinalmente na NBC dende o 24 de marzo de 2005 até o 16 de maio de 2013 comprendendo nove tempadas.
Está baseada na serie The Office da BBC (2001–2003) creada por Ricky Gervais e Stephen Merchant, e foi adaptada para a televisión estadounidense por Greg Daniels, guionista de Saturday Night Live, King of the Hill e The Simpsons. Foi coproducida entre Deedle-Dee Productions e Reveille Productions (posteriormente Shine America), en asociación con Universal Television. Os produtores executivos orixinais foron Daniels, Gervais, Merchant, Howard Klein e Ben Silverman, con moitos outros produtores en tempadas posteriores.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Griffin, Jeffrey. "The Americanization of The Office: A Comparison of the Offbeat NBC Sitcom and its British Predecessor.” Journal of Popular Film and Television 35 (2008): 154–16. Schwind, Kai Hanno. "Chilled-out Entertainers: Multi-layered Sitcom Performances in the British and American Version of The Office." Comedy Studies 5.1 (2014): 20–32. Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2005 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2013 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión da NBC