O nervio radial é un nervio do membro superior procedente do tronco secundario posterior. É un nervio mixto e é o único eixo extensor da porción apendicular do membro superior. O nervio radial atopámolo na axila e desde alí diríxese primeiro á parte interna do brazo e logo á posterior pasando pola canle radial do úmero. Despois vai á parte externa do epicóndilo e divídese en dúas ramas: anterior, que é sensitiva pura e unha posterior que é motora pura.

Relacións Na axila por fóra ten o nervio circunflexo e por diante ten as ramas anteriores do plexo braquial: nervio musculocutáneo, nervio mediano, nervio cubital, nervio braquiocutáneo interno e o nervio accesorio, e a articulación umeral.

Sae da axila e diríxese cara a parte interna do brazo. Chega á parte media do brazo, pasa pola canle de torsión do úmero xunto coa arteria umeral fonda e dúas veas umerais fondas, constituíndo o paquete vasculonervioso radial do brazo. Ao saír da canle, ao nivel do cóbado, o nervio radial aproxímadr á canle bicipital exerna relacionándose coa arteria umeral fonda. Neste punto divídese en dúas ramas terminais.

Ramas colaterais

Ramas sensitivas Rama cutánea interna: dá sensibilidade á pel da parte interna e posterior do brazo. Rama cutánea externa: dá sensibilidade á pel da parte posterior e externa do brazo. Rama para o cóbado.

Ramas motoras Rama para a porción longa do bíceps. Rama para o vasto externo. Rama para o vasto interno. Rama para o músculo ancóneo. Tamén innerva dous músculos do antebrazo: o músculo supinador longo e o músculo primeiro radial externo.

Ramas terminais

Rama anterior É sensitiva. Sitúase entre o supinador longo e o palmar maior. Forma o paquete vasculonervioso radial do antebrazo xunto coa arteria radial e dúas veas satélite radiais. Esta rama pasa pola parte externa do carpo e faise posterior. Despois dá dúas colaterais dorsais para aos dedos. Tamén da innervación sensitiva á parte antero-externa do antebrazo e anastomósase co nervio cubital.

Rama posterior É motora. Atópase entre os fascículos do supinador longo. Desde alí, diríxese á parte posterior do antebrazo, a través da cal accede á man. Nela, innerva aos seguintes músculos: Segundo radial externo Supinador longo Extensor común dos dedos Extensor propio do V dedo Cubital posterior Excepcionalmente, ancóneo Abdutor longo do I dedo Extensor curto do I dedo Extensor longo do I dedo Extensor propio do II dedo Abdutor curto do I dedo

Categoría:Sistema nervioso