O Barredal é un lugar da parroquia de Arante no concello de Ribadeo, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, en 2022 tiña 20 habitantes (10 homes e 10 mulleres).

Toponimia O topónimo Barredal debe tratarse dun derivado do substantivo común barro ‘arxila’, ‘masa que resulta da mestura de terra e auga’, ‘masa branda que se forma ao chover’. A ese apelativo deberon engadírselle en fases sucesivas dous sufixos como son -edo (< latín -ētŭ) e -al (< latín -āle), expresando unha idea abundancial. O substantivo barro é ben coñecido como sinónimo de lama, sendo cuantitativamente moito máis empregado este último na lingua oral da zona, a diferenza do que ocorre co rendemento toponímico de barro, cuxos derivados se revelan como máis abondosos.

Economía Hai explotacións de vacún de leite, explotacións variadas de animais e cultivo de fabas, obreiros por conta allea e pensionistas. As casas están ordenadas ao longo da estrada, distanciándose as dos extremos en 600 metros.

Lugares e parroquias Lugares de Arante

Parroquias de Ribadeo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ribadeo

Categoría:Lugares de Ribadeo