Úrsula Heinze de Lorenzo, nada en Colonia en 1941, é unha escritora galega de orixe alemá. É autora dunha vasta obra que abrangue a novela, o relato curto, a narrativa infantil e xuvenil e unha destacada produción poética en galego e alemán.
Traxectoria Licenciada en Filoloxía Xermánica. Casou con Ramón Lorenzo en 1968 e dende 1977 reside en Galicia. Foi lectora de alemán na Universidade de Valladolid entre 1973 e 1977 e, posteriormente, catedrática de ensino medio de inglés e alemán. Dende que abandonou o ensino en 1978 adícase en exclusiva á creación literaria e á tradución, colaborando na radio (en particular na Radio Galega), na prensa (en El Correo Gallego e Galicia Hoxe) e en revistas literarias.
Obtivo o Premio Merlín de literatura infantil en 1986 coa obra A casa abandonada. A mesma obra figuraría entre as finalistas do Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 1989. Escribe tamén novelas e relatos breves para adultos, polos que recibiu o Premio Blanco Amor (1993) e o Premio Losada Diéguez (1994). Traduciu para o galego obras de Heinrich Böll, Uwe Johnson, Günter Grass, Mira Lobe, Elisabeth Heck e Michael Ende (Premio Ramón Cabanillas 1991 de tradución). Foi fundadora (Maastricht, 1989) e presidenta do PEN Clube de Galicia de 1991 a 1995, e é membro do PEN alemán (1995). En 2013 foille concedida a Medalla Castelao.
A súa obra literaria caracterízase por tratar de maneira directa temas e xéneros marxinais e infrecuentes na literatura galega como o que ocupa os seus libros de madurez: a depresión, o erotismo feminino na vellez. Tal como salienta Ramón Nicolás: "é un trazo singular da súa obra literaria, diante de asuntos considerados tabús en boa medida para tratalos literariamente coa solvencia que exhibe unha narradora contrastada e de inequívoca solidez".
Obra miniatura|Úrsula Heinze nunha entrevista en 2017. Narrativa O soño perdido de Elvira M. (1982). Xerais. Novela. Traducido ao asturiano en 2001. Remuíños en coiro (1984) Xerais. Relatos. Anaiansi (1989). Xerais. Novela. "Ancor", en Catro contos de Reis (1991). El Correo Gallego, Biblioteca 114 n.º 29. Relatos. Confidencias (1992). El Correo Gallego, Biblioteca 114 n.º 69. Relatos. Rodolfo (1992). Contos do Castromil. Culpable de asasinato (1994). Xerais. ISBN 9788475077765. Novela. Traducida ao romanés en 1998. Polas rúas de Padrón (1994). Ediciós do Castro. ISBN 978-8474927177. Relatos. Pon un psiquiatra na túa vida... e xa verás (2017). Alvarellos Editora. Delirios de pracer (2018). Aira. Flashes (2020). Fervenza. 174 páxs. ISBN 9788417094942. Relatos.
Literatura infanto-xuvenil O buzón dos nenos (1985). Galaxia. ISBN 9788471545138. Sempre Cristina (1986). Xerais. A casa abandonada (1987). Xerais. Máis alá de Galicia (1989). Ir Indo. ISBN 978-8476800232. A nena de ouro (1991). Xerais. Nace un campión (1992). Galaxia. ISBN 978-8471548290. Quérote (1994). Sotelo Blanco. ISBN 9788478242139.
Ensaio Arredor da muller en 18 mundos (1985). Xerais. Xente coma min (1989). Sotelo Blanco. ISBN 978-8478240227. As chamadas linguas e literatura minoritarias (1991). Mulleres (1991). Xerias. ISBN 9788475075150. Descricións de 8 mulleres. Fronteiras da alofonía, do alemán ó galego (1993). ... e os domingos, un croissant (2015). Alvarellos.
Poesía Versos de terras distantes (1995). Credo: Gedichte = Poemas (1999). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo. Torso: Gedichte = Poemas (2002). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo. Nadir: Gedichte = Poemas (2005). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo. Nur meer sein/Solamente sen mar (2005). Na pel do insomnio (2008) Follas Novas. Skyline (2008). Espiral Maior. Edición bilingüe con tradución ao galego da propia autora. Molto amoroso (2011) Follas Novas. Edición bilingüe. Escolma poética, 1997-2008 (2012). Universidade de Santiago de Compostela.
Tradución O ponche dos desexos de Michael Ende, 1991 (xunto a Ramón Lorenzo). Terra, mar e lume. Poesía de Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Croacia, Eslovenia, Macedonia do Norte, Montenegro e Serbia, 1996. As galiñas de vento de Günter Grass, 2000, Xerais.
Obras colectivas E dixo o corvo... (1997), Xunta de Galicia. Obra en alemán Poesía Wassersprache, 1997 Meine Verse klingen nach Erde, 1997 Dein Verrat, 1998 Erdbeerlicht, 1999 Drei deutschsprachige Dichterinnen/Trei poete de limba germana, Münich 1999 (antoloxía de tres poetas alemás: Heinze, Ursula Haas e Carla Kraus; bilingüe alemán/romanés) Credo, (bilingüe alemán/galego), 1999 Laubnacht, 2000 Sommeruntergang), 2000 Spanische Wand, 2000 Nachtbläue, 2001 Ambra (bilingüe alemán/galego), 2001 Atlantisches Tief, 2001 Schilfgang, 2002 Torso (bilingüe alemán/galego), 2002 Im Winde gekleidet, 2002 Schattenblätter/Hojas de Sombras (bilingüe alemán/castelán), 2002 Saeculum Saeculorum, 2003 Mitlesebuch 68, 2003 Mexikanische Runnenblicke/Mirarunas Mexicanas (bilingüe alemán/castelán), 2004 Die zeit begehen, 2004 ....fremdgehen nichts dagegen, 2004. Nadir (bilingüe alemán/galego), 2005 Nur meer sein (bilingüe alemán/castelán), 2005 Carpe Diem, 2006. Ein auge genügt in den abgrund zu blicken, 2006. Das meer aufgeschlagen, 2006. Liebesblätter, 2006/2007 Steingesang, 2007. Überwinterung, 2008. Skyline, (bilingüe alemán-galego), 2008. Amal, 2008. Wie eine insel (bilingüe alemán/castelán), 2009.
Obra en castelán Tradución Y no dijo una sola palabra de Heinrich Böll, 1972.
Premios Premio Merlín no 1986, por A casa abandonada. Premio Blanco Amor (1993) por Culpable de asasinato. Premio Losada Diéguez (1994). II Premio PEN Clube de Galicia (2005).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Obras de literatura infantil, arquivado do orixinal o 8 de outubro de 2008 Biografía, arquivado do orixinal o 29 de decembro de 2007 . Biografía, arquivado do orixinal o 29 de xullo de 2012..
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Galegos de Alemaña Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Colonia Categoría:Gañadores do Premio Blanco Amor Categoría:Gañadores do Premio Merlín Categoría:Medallas Castelao Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua alemá