miniatura|Billete de peseta (1951) miniatura|Billete de peseta (1953) miniatura|Moeda de peseta (1993) A peseta foi unha moeda española de curso legal en España e Andorra (nesta última, xunto ao franco francés) dende o 19 de outubro de 1868 até o 31 de decembro de 2001, cando foi substituída polo euro. A peseta abreviábase pta, sendo incorrecta a abreviación pts para o plural.

Historia Antes, a peseta era a forma popular coa que se denominaba os catro reais de billón ou os dous reais de prata. É moi posíbel que o termo peseta proveña da palabra catalá peçeta (peciña), diminutivo de peça.Corbacho (2001), p. 82 Na Idade Media, designaba ao real de a dous e en 1737, no Diccionario de autoridades castelán, aparece a peseta como «a peza que vale dous reais de prata de moeda provincial, formada de figura redonda. É voz modernamente introducida».

O 19 de outubro de 1868, o ministro de Facenda do Goberno provisional do xeneral Serrano, Laureano Figuerola, asinou o decreto polo cal se implantaba a peseta como unidade monetaria de España, ao mesmo tempo que entraba en vigor oficialmente o Sistema métrico. A primeira peseta foi cuñada en 1869 e, pouco despois, en 1875, apareceu a primeira peseta emitida en papel que seguiu a ser emitida até 1953 polo Banco de España.Corbacho (2001), p. 83

A peseta foi substituída polo euro no ano 1999 nos mercados de divisas. O 1 de xaneiro de 2002 o euro (€) entrou en circulación xunto coa peseta convivindo as dúas moedas até o 1 de marzo de 2002 en que a peseta deixou de ser unha moeda de curso legal en EspañaCorbacho (2001), p. 84 e Andorra, aínda que existe o compromiso oficial do Banco de España de cambiar o seu importe en euros en non importa cal data, ó cambio oficial único establecido, 1 euro = 166,386 ptas, co arredondamento correspondente ó terceiro decimal.

Moedas

Billetes +Penúltima serie (1982-1987) Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Cor predominante Dimensións Descrición do anverso Descrición do reverso145px145px200 pesetasLaranxa120 × 65 mmLeopoldo AlasTexto de La Regenta, e imaxe dun carballo asturiano145px145px500 pesetasAzul129 × 70 mmRosalía de CastroTexto de Follas Novas e casa da Matanza145px145px1.000 pesetasVerde138 × 75 mmBenito Pérez GaldósTexto dos Episodios nacionales e o paisaxe co Teide145px145px2.000 pesetasVermello147 × 80 mmJuan Ramón JiménezFragmento do poema Alegría nocturna e Concello de Moguer (Huelva)145px145px5.000 pesetasMarrón156 × 85 mmXoán Carlos I de EspañaManuscrito asinado e Palacio Real de Madrid145px10.000 pesetasGris165 × 85 mmXoán Carlos I de España e Filipe, príncipe de AsturiasBusto e manuscrito asinado de Filipe como Príncipe de Asturias

+Última serie (1992-2001) Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Cor predominante Dimensións Descrición do anverso Descrición do reverso145px145px1.000 pesetasVerde130 × 65 mmHernán CortésFrancisco Pizarro145px2.000 pesetasVermello138 × 68 mmJosé Celestino Mutis145px5.000 pesetasMarrón146 × 71 mmCristovo Colón145px10.000 pesetasGris154 × 74 mmXoán Carlos I de EspañaJorge Juan y Santacilia

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista das moedas de peseta de España Peseta de Guinea Ecuatorial Peseta peruana Peseta saharauí Peseta vasca Peseta de 1937

Categoría:Peseta Categoría:ISO 4217 Categoría:Moedas substituídas polo euro Categoría:Moedas fóra de curso