O Club Xuventude Sanxenxo é un equipo galego de fútbol que se fundou en 1983 en Sanxenxo. Na actualidade compite na Preferente Autonómica de Galicia.
Historia Logo da desaparición coa Guerra dos equipos locais da Juventud Sangenjina e do Libertad Sociedad Cultural, non houbo un equipo de fútbol en Sanxenxo ata 1983, cando unha directiva liderada por Joaquín Lobato Pintos funda o Xuventú. Sendo este o fundador e primeiro presidente do equipo sanxenxín. O primeiro partido xogouno contra o Ribadumia Club de Fútbol ó que venceu o 5 de setembro de 1983.
Na tempada 1996-97 o equipo acada o campionato de preferente sur e xoga a final absoluta contra o Laracha ao que vence por 1 - 0 esa mesma tempada ascende por primeira vez a Terceira División. Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 0 Tempadas en 3ª: 4 Tempadas en Preferente Autonómica: 9
Historial na liga TempadaCategoríaPosto1983/843ª Rexional5º1984/853ª Rexional9º1985/863ª Rexional2º1986/872ª Rexional14º87/88 to 93/942ª/3ª Rexional—1994/952ª Rexional2º1995/961ª Rexional2º1996/97Preferente1º1997/983ª16º1998/993ªTempadaCategoríaPosto1999/00Preferente2000/011ª Rexional13º2001/021ª Rexional11º2002/031ª Rexional4º2003/041ª Rexional7º2004/051ª Rexional13º2005/061ª Autonómica12º2006/071ª Autonómica8º2007/081ª Autonómica2008/09Preferente11ºTempadaCategoríaPosto2009/10Preferente6º2010/11Preferente2011/123ª2012/13Preferente5º2013/14Preferente2014/153ª2015/16Preferente10º2016/17Preferente14º2017/18Preferente—
Palmares Final da Preferente Autonómica (1) 1996-97
Preferente Autonómica (1) 1996-97
Terceira División Autonómica. (1) 1990-91
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do club na Federación Galega de Fútbol Datos do club en lapreferente.com
Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra Categoría:Deporte en Sanxenxo