Eduardo Pérez Vega, coñecido como Tameirón, nado no Tameirón (A Gudiña) en 1914, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Xornaleiro e traballador do camiño de ferro da Gudiña, era militante da CNT. Desertou do exército franquista e integrouse no grupo de Manuel Girón Bazán a finais de 1937. Asistiu ao Congreso de Ferradillo. Foi axudante de Mario Morán García na xefatura da II Agrupación dende 1945. Logrou fuxir a Francia na compaña de Florentino Pérez no outono de 1948. De alí marchou a Venezuela. Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados na Gudiña Categoría:Nados en 1914
Categoría:Galegos de Venezuela
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes