O Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual é un galardón concedido como parte dos Premios da Cultura Galega pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas con "traxectoria vencellada á creación, consolidación ou expansión da creación audiovisual galega, dentro da comunidade ou no exterior"Convocatoria dos premios, Diario Oficial de Galicia, 5/10/2010.. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas.
Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única ediciónA Xunta crea os Premios da Cultura Galega , A Nosa Terra, 5/10/2010.. A diferenza do anterior, concedido a Margarita Ledo, este premio non ten dotación económica.
Premiados 2010 - Vaca Films. 2011 - María Pujalte. 2012 - Miguel Anxo Fernández Fernández. 2013 - Bambú Producciones. 2014 - AGAPI.Premios da Cultura Galega 2014 2015 - Ignacio Vilar. 2016 - Cooperativa NUMAX. 2017 - Óliver Laxe. 2018 - Festival de Cans. 2019 - O sabor das margaridas. 2020 - Chema Prado. 2021 - Zaza Ceballos. 2022 - Xosé Ramón Gayoso. 2023 - Portocabo 2024 - Ficción Producións 2025 - Baños Films
Notas
Creacion Audiovisual Cultura Galega de Creación Audiovisual