Juan Muntaner Roig, nado na Habana o 2 de febreiro de 1917 e finado en Barcelona o 30 de xullo de 2001, foi un futbolista cubano. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria Naceu na Habana pero trasladouse sendo novo a Barcelona, onde se formou futbolisticamente, xogando no FC Gràcia e no CE Europa. Na tempada 1939–40 debutou co FC Barcelona en Primeira División.

Na tempada 1940–41 foi cedido ao Deportivo da Coruña, adestrado por Hilario, ao ser destinado na Coruña para facer o servizo militar. Ese mesmo ano participou do primeiro ascenso do club á Primeira División. Tras unha segunda tempada cedido en Primeira, o Deportivo chegou a un acordo co Barcelona, polo que ese club renunciaba aos dereitos do xogador a cambio da incorporación do defensa Montserrat. Xogou tres tempadas máis no Deportivo, na máxima categoría, formando parte do mediocentro xunto a Reboredo, Cuqui Bienzobas e Manuel Guimeráns, pero disputando menos partidos ca estes. Como branquiazul firmou 63 partidos e anotou 3 goles, un deles contra o seu exequipo, o Barcelona.

Posteriormente xogou no Igualada e no Sants.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .

Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Nados na Habana Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Futbolistas de Cuba Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CE Europa Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña