Kings of Leon é unha banda estadounidense procedente de Mt. Juliet, Tennessee formada por tres irmáns, Caleb Followill (voz e guitarra), Nathan Followill (batería, percusión e coros) e Jared" Followill (baixo, coros e teclados), e un curmán, Matthew Followill (guitarra, coros e piano). Formouse no ano 1999 e as súas influencias van do rock sureño e o indie rock ata o blues.
Kings of Leon conseguiron éxito inicialmente no Reino Unido con nove sinxelos que entraron no top 40 dese país, gañando dous premios BRIT en 2008, e conseguindo que os tres dos seus álbums estivesen no top 5 da lista británica de álbums. O seu terceiro disco, Because of the Times, tamén conseguiría acadar o número 1. Despois de editar Only by the Night en setembro do 2008 conseguiría o éxito no seu país natal, os Estados Unidos. Os sinxelos "Sex on Fire", "Use Somebody" e "Notion" chegaron ao primeiro posto da lista Hot Modern Rock Tracks. O seu quinto álbum, Come Around Sundown, foi lanzado o 18 de outubro do 2010.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Youth and Young Manhood 2003 RCA, HandMeDown Records Aha Shake Heartbreak 2004 RCA, HandMeDown Records Because of the Times 2007 RCA, HandMeDown Records Only by the Night 2008 RCA Come Around Sundown 2010 RCA Mechanical Bull 2013 RCA Walls 2016 RCA When You See Yourself 2021 RCACan We Please Have Fun2024LoveTap, Capitol Records
EPs Holy Roller Novocaine - 2003 (RCA) What I Saw - 2003 (BMG) Day Old Belgian Blues - 2006 (RCA)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de garage rock revival Categoría:Grupos musicais de southern rock Categoría:Grupos musicais de Tennessee Categoría:Grupos musicais formados en 1999