En lingüística, desígnase por linguas indoeuropeas a unha familia de linguas que teñen unha orixe común, o protoindoeuropeo, que se falou alá polo 5000 a.C. (moito antes da invención da escrita) nun territorio próximo ao Mar Negro. Agrupan preto dun milleiro de linguas faladas hoxe en día por tres mil millóns de individuos en todos os continentes (sobre un 40-45% da poboación mundial).Crystal, p. 283

O indoeuropeo é unha familia lingüística ampla que engloba a maior parte das linguas europeas antigas e actuais. Ten este nome porque a rexión xeográfica na que se teñen desenvolvido estas linguas esténdese desde a Europa ata a India setentrional. Son preto de 450 linguas, faladas actualmente por 3.000 millóns de persoas en todo o mundo. Este termo, orixinalmente lingüístico, aplícase tamén á cultura da que se cre que parten todas estas linguas, e que se localiza na rexión do Mar Negro arredor do V milenio a.C.

A existencia desta familia lingüística propúxose a finais do século XVIII. William Jones, un xuíz británico na India, observou as semellanzas consistentes que se daban entre o sánscrito, o grego, o persa e o latín. Estimouse que estas afinidades só se podían deber a unha orixe común. Á lingua da que derivaban chamóuselle primeiro indoxermánico, durante un tempo indoario e finalmente indoeuropeo, conforme se ampliaba o número de linguas que mostraban esas semellanzas sistemáticas. Cando a arqueoloxía sacou á luz textos escritos en linguas anteriormente descoñecidas, como as anatolias e as tocarias, probouse que tamén compartían este parentesco común.

As linguas indoeuropeas son xeralmente clasificadas en grandes grupos pero unha das distincións máis importantes concirne á oposición entre as linguas satem no leste (grupos baltoeslavo, indoiranio e armenio) e as linguas centum no oeste (grupos grego, itálico, céltico e xermánico), en razón do diferente tratamento dos sons velares en preindoeuropeo. Á parte están os grupos anatolio, tocario e albanés. Esta división entre centum e satem é a clásica dentro da gramática histórica, aínda que hoxe a tendencia é a non tela en conta.

O proto-indoeuropeo Chámase indoeuropeo común, proto-indoeuropeo, ou simplemente indoeuropeo (abreviado habitualmente como IE) a unha lingua prehistórica reconstruída a partir da comparación entre as linguas antigas e actuais das que estas proveñen. O indoeuropeo, que nunca foi escrito, é a lingua suposta que está nas orixes de todas as linguas indoeuropeas. O método que permitiu reconstruír esta protolingua repousa esencialmente sobre a lingüística comparada, na que a fonética histórica ten un papel fundamental.

A descuberta deste grupo débeselle a Marcus Zuerius van Boxhorn, aínda que o seu traballo non chamou a atención dos seus contemporáneos e o mérito recae sobre William Jones.

O pobo O adxectivo indoeuropeo serve tamén para designar os pobos que utilizaban as linguas indoeuropeas, e en concreto os pobos da Antigüidade (como os hititas, os gregos, os arios ou indoiranios, os celtas etc).

Sobre a localización do pobo prehistórico que falaba o indoeuropeo común non hai un acordo xeralmente admitido. As teses mellor argumentadas son as seguintes:

Marija Gimbutas sitúao na Rusia meridional e na Ucraína. Estaría na orixe da cultura dos kurgans, aparecida cara ao ano 5000 a.C. Esta tese conta co apoio de numerosos especialistas; Para Colin Renfrew, este pobo estaría nas orixes do Oriente Medio e a súa expansión tería coincidido coa da agricultura, que apareceu nesta rexión antes da cultura dos Kurgans. Gamkrelidze e Ivanov sitúan o fogar deste pobo na Anatolia, nun país de montañas altas. Esta tese repousa sobre consideracións lingüísticas, mais non de bases arqueolóxicas (admitido polos propios autores). Segundo Janos Harmatta, os indoiranios terían fundado a cultura dos Kurgan. De feito, os iranios son os habitantes coñecidos máis antigos da Rusia meridional. Estaban en concreto os cimerios, pobo de lingua irania.

A tese de Marija Gimbutas goza hoxe en día de maior aceptación debido a que:

o que se sabe sobre os indoeuropeos a través da lingüística comparada e da mitoloxía comparada correspóndese coas descubertas arqueolóxicas relativas á cultura dos kurgans: civilizacións que non coñecían o ferro, domesticaran o cabalo etc.. remontando na historia dos pobos indoeuropeos históricos (celtas, italos, gregos, indoiranios, xermanos...), chégase sempre ás zonas esteparias do sur da Rusia e da Ucraína. a civilización dos kurgans coñeceu ondas de expansión documentadas arqueoloxicamente que poderían corresponder coa indoeuropeización da Europa, a Persia e a India.

Reconstrución do indoeuropeo Non se pode reconstruír máis do que un

esqueleto da lingua na súa fonoloxía, léxico e morfoloxía, principalmente. As investigacións actuais tentan recuperar determinados puntos de sintaxe e de poética e non unha descrición precisa. Dado que non fican restos documentais de ningún tipo, todas as reconstrucións son hipotéticas e por esa razón as formas do indoeuropeo débense escribir precedidas dun asterisco, que indica o seu carácter suposto e non testemuñado.

Existen varias maneiras de notar os étimos segundo o seu grao de precisión. Por exemplo, a palabra que significa "nai" pódese escribir como *mātēr ou, con máis precisión (e seguindo as teses laringalistas), méħ2tēr (ou ben, con outras convencións tipográficas, méH2tēr, méh2tēr). Isto resulta máis claro co étimo de "sol": séh2-ul, *séħ2-ul, *sāul- etc.

Clasificación miniatura|350px|Distribución actual das linguas indoeuropeas en Eurasia: Os distintos subgrupos da familia indoeuropea inclúen (seguindo a orde cronolóxica dos seus primeiros textos ou inscricións):

Linguas anatólicas, a rama indoeuropea coñecida de forma máis temperá, dende o século XVIII a.C.; extintas, destaca maioritariamente a lingua dos hititas. Linguas indoiranias, derivan dun antepasado común, o protoindoiranio Linguas indoarias, na que se inclúe o védico e o sánscrito, o pali e os demais prácritos, atestado o primeiro dende a metade do segundo milenio a.C. Linguas iranias, atestadas dende os comezos do ano 1.000 d.C. na variante do avesta, e dende o ano 520 d.C. na forma do persa antigo Linguas dárdicas, (a relación deste grupo co indoario non está aínda moi clarificada, e algúns estudosos a poñen nun grupo independente). Linguas nuristanias Lingua grega, varios rexistros fragmentados en micénico dende finais do século XV a.C. ata comezos do século XIV a.C.; as tradicións homéricas datan do século VIII d.C. (Véxase Lingua protogrega, Historia da lingua grega.) Linguas itálicas, inclúese o latín e as súas descendentes (as linguas romances), atestadas dende o século VII d.C. Linguas celtas, as inscricións do galo datan aproximadamente do século VI a.C.; os textos en irlandés antigo son do século VI d.C., véxase Lingua protocelta. Linguas xermánicas (inclúese o inglés antigo e o inglés), os primeiros testemuños son as inscricións rúnicas runas de arredores do século II, os primeiros textos primeiros en gótico son do século IV d.C., véxase Lingua protoxermánica. Lingua armenia, testemuñada dende o século V d.C. Lingua tocaria, lingua extinta do pobo Tocario, dous dialectos existentes, tocario A e tocario B, atestados aproximadamente do século VI d.C. Linguas balto-eslavas, acreditado por moitos indoeuropeístas (como Schleicher 1861, Szemerényi 1957, Collinge 1985, e Beekes 1995) de derivar despois dunha protolingua común do protoindoeuropeo, mentres indoeuropeístas escépticos cren que o báltico e o eslavo están estreitamente vinculadas coma calquera outras dúas ramas do indoeuropeo. Linguas eslavas, atestadas dende o século IX, os textos máis recentes son en Eslavo eclesiástico antigo. Linguas bálticas, atestadas dende o século XIV, e, para ser linguas testemuñadas tan tarde, conservan moitos arcaísmos atribuídos ao Protoindoeuropeo. Lingua albanesa, atestada dende o século XV; pode ter relación co ilirio, dacio ou tracio, segundo diversos autores.

En adición á lista das dez ramas clásicas, existiron tamén varias linguas pouco coñecidas:

Linguas ilirias — posiblemente relacionadas co mesapio ou venético; tamén se ten relacionado co albanés. Lingua venética — parecida ao itálico. Lingua liburnia — aparentemente asociada co venético. Lingua mesapia — non descifrado concisamente. Lingua frixia — lingua da antiga Frixia, posiblemente parecida ao grego, tracio ou armenio. Lingua peonia — lingua extinta que se chegou a falar ao norte de Macedonia. Lingua tracia — posiblemente parecida ao dacio. Lingua dacia — posiblemente parecida ao tracio ou ao albanés - ou a ambas. Lingua macedonia antiga — relacionada co grego; algúns autores propoñen relacións co ilirio, tracio ou frixio. Lingua ligur — posiblemente non indoeuropea; atópanse coincidencias con celta. Lingua lusitana — posiblemente relacionada ao (ou a parte do) celta, ou ligur, ou itálico.

Árbore xenética das linguas indoeuropeas

As linguas indoeuropeas inclúen máis de 440 linguas e dialectos falados por preto de 3.000 millóns de persoas (segundo estimación do SIL), incluíndo a maioría das principais familias lingüísticas de Europa e occidente de Asia, as cales pertencen a unha única superfamilia. Cada subfamilia nesta lista contén moitos subgrupos e linguas individuais.

Grupo anatolio ou grupo de linguas anatolias

cario. hitita, o máis correcto é nesita ou nesili. Tamén pode aparecer como hetita. licio. milio, antes chamado licio B. Tamén se pode dicir miliano. lidio. luvita ou luvio, tamén luviano. luvita xeroglífico. palaíta ou palaico. pisidio ou pisídico. sidético.

Grupo indoiranio Familia indoaria: antigo indio (sánscrito védico, sánscrito clásico) indio medio (prácritos, apabhraṃśa) pali. indio moderno: assamés. bengalí. biharí. singalés. gujarati. hindi / urdú. caxemirés. maratí. nepalés. oriya. paharí. punxabí. rajastaní. romaní (xitano). sindí. Familia irania: linguas iranias orientais linguas iranias orientais setentrionais avéstico/avesta bactrio coresmiano escita oriental (escita-khotanés) khotanés tumxuqués occidental (escita-sármata) oseto digoriano ironia xásico sogdiano iagnobí linguas iranias orientais meridionais linguas do Pamir grupo xugní xugní ruxaní - khufí bartanguí - oroxorí - sariculí iazgulamí munxí-iidgá munxí iidgá sanglechí-ixcaximí sanglechí ixcaxemí vakhí paxto paxto meridional paxto setentrional paxto central wanetsí wazirí linguas iranias occidentais linguas iranias occidentais setentrionais balochí balochí meridional balochí occidental balochí oriental balochí montañés baxecardí coroxí grupo caspio guilaquí mazanderaní xahmirzadí grupo central iraniano axtianí fars nordoccidental dari-zoroastra gazí khunsarí natanzí naiiní parsi-dari parsí sivandí soí vafsí khalaxe grupo kurdo kurdo setentrional kurdo central, sorani kurdo meridional laquí ormurí-parachí ormurí parachí grupo semnaní lasguerdí sanguisarí semnaní sorkheí grupo talixe alvirí-vidarí extehardí gozarkhaní harzaní korex-e rostaní razaxerdí rudbarí xahrudí taquestaní talixi taromí alto maragueí kho'iní kaxalí cabateí grupo zaza-goraní dimlí guraní kirmanxekí/zazakí bajelaní shabakí sarlí inclasificado dezfulí linguas iranias occidentais meridionais grupo fars fars suroccidental larí grupo lurí bakhtiarí lurí do norte lurí do sur cumzarí grupo persa persa occidental (farsí) persa oriental (dari) taxico hazaraguí aimaq bukharí dehvarí darvasí xidí pahlavaní grupo tatí xudeotatí tatí (tatí musulmán) inclasificada tanxeví Familia nuristaní ascunu camkata-virí vasí-varí tregamí calaxa-ala Familia dárdica

Grupo grego

grego oriental grupo arcado-chipriota: micénico arcadio, chipriota, panfilio grupo xonio-ático: ático (grego antigo) koiné (grego medio común) grego moderno demótico cazarevusa grego ievanítico