O 23 de xuño é o 174º día do ano do calendario gregoriano e o 175º nos anos bisestos. Quedan 191 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1894 - Creación do Comité Olímpico Internacional en París, polo barón Pierre de Coubertin. 1915 - Primeiro rexistro do xenocidio armenio en Turquía. 1923 - En Vigo aprobábase a fusión do Fortuna e o Sporting Vigo, que dará lugar ao nacemento do Real Club Celta de Vigo. 1927 - Joaquín Loriga Taboada aterra co seu avión no Monte do Toxo (Lalín), sendo a primeira aeronave que o fai en Galiza. 1975 - Retírase da circulación a última locomotora a vapor que quedaba en funcionamento en España, unha vez rematada a electrificación de tódalas liñas ferroviarias do país Calendario 2014 MUNCYT.. 2014- A Women's Engineering Society (WES) crea neste ano o Día Internacional da Muller na Enxeñería.

Nacementos miniatura|100px|Anna Akhmatova. 1668 - Giambattista Vico, filósofo italiano (m. 1744). 1889 - Anna Akhmatova, poeta rusa. 1894 - Alfred Charles Kinsey, sexólogo estadounidense (m. 1956). 1907 - Xaquín Lorenzo, etnógrafo galego (m. 1989). 1910 - Jean Anouilh, dramaturgo francés (m. 1987). 1911 - Andrés Colombo, pintor galego. 1912 - Alan Turing, matemático. 1915 - Frances Gabe, inventora estadounidense (m. 2016) 1930 - J. H. Elliott, historiador británico. 1972 - Zinedine Zidane, futbolista francés. 1974 - Joel Edgerton, actor australiano. 1982 - Róber Bodegas, actor e guionista galego.

Mortes miniatura|100px|Peter Falk. 79 - Vespasiano, emperador romano (n. 9). 1806 - Mathurin Jacques Brisson, zoólogo francés (n. 1723). 1878 - George Back, navegante e explorador británico (n. 1796). 1926 - Viktor Vasnetsov, pintor ruso (n. 1848). 1959 - Boris Vian, escritor francés. 1980 - Clyfford Still, artista estadounidense (n. 1904). 1996 - Andreas Papandreu, economista e político grego (n. 1919). 2005 - Manolis Anagnostakis, poeta grego (n. 1925). 2011 - Peter Falk, actor estadounidense (n. 1927).

Festas e celebracións Romaría da Nosa Señora do Corpiño, en Losón (Lalín).

Outros Santoral: San Xosé Cafasso.

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Xuño