Mario López Rico, nado en Ribadeo en 1949, é un arquitecto e político galego.

Traxectoria profesional É profesor de Debuxo no IES A Sardiñeira. Antes de se dedicar á política traballou como arquitecto, profesor de debuxo e formou parte do consello de administración da Televisión de Galicia.

Traxectoria política Procedente do PSG, foi un dos dirixentes da Asemblea Popular Galega e un dos fundadores do BNG en 1982, formando parte do Colectivo Socialista.

Formou parte da oposición máis dura ao goberno de Francisco Vázquez, sendo soada a retirada -xunto co seu compañeiro e líder do partido a nivel local Henrique Tello- dos arbustos que conformaban o "L" de "La Coruña" dun dos xardíns da Avenida da Vedra.

Pertenceu ao colectivo Encontro Irmandiño e foi concelleiro de Rehabilitación Urbana na Coruña entre 2007 e 2011 tralo pacto de goberno municipal do PSdeG-PSOE co BNG. Crítico coa posición da UPG dentro do Bloque non se presentaría como candidato ás seguintes eleccións municipais ao perder o liderado local Henrique Tello fronte a Xose Carril.

En 2012 integrouse en Anova-Irmandade Nacionalista e pertenceu á súa executiva como responsable de comunicación. En febreiro de 2014 dimitiu da executiva de Anova con outros nove membros da dirección, tras a escisión de Cerna.

En abril de 2017 entrou na dirección acabada de nacer de En Marea.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1949 Categoría:Políticos de Anova-Irmandade Nacionalista Categoría:Políticos de Cerna Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2003-2007 Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2007-2011 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes