Pablo Bouza Suárez, nado en Fene en 1965, é un poeta galego.

Traxectoria Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce como funcionario dende o ano 1990 no Concello de Culleredo, localidade onde reside, desempeñando o cargo de xefe de servizo de Cultura e Educación.

Colaborou en El Correo Gallego e na emisora Radio Fene. Foi director e colaborador de Radio Culleredo. Ten publicado en Poesía Galicia e Anuario Brigantino.

Participou en diversos certames artísticos e literarios, como os II e III Encontros de Pintura e Poesía organizados pola Deputación Provincial da Coruña e I e II Diálogos de Pintura e Poesía, Culleredo.

Obras Poesía In aeternum (2007). Deputación da Coruña. 80 páxs. ISBN 978-84-9812-055-4. O home que falaba coas baleas (2008). Concello de Outes. Ingrávido signo (2010). Espiral Maior. 84 páxs. ISBN 978-84-92646-41-8. Na intimidade do azougue (2011). Espiral Maior. 88 páxs. ISBN 978-84-92646-38-8. Os privilexios dos somnámbulos (2014). Alvarellos. 79 páxs. ISBN 978-84-89323-60-5. Coma o ruido que fan as portas das igrexas ao pecharse. Espiral Maior

Obras colectivas Culleredo (1996). Concello de Culleredo. Con Belia Bellón López e Carlos Pereira. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). libro electrónico).

Premios 3º premio no Certame de poesía Hernán Esquío en 1984. Accésit no Premio de poesía Pérez Parallé no 2000 1º Premio no Premio de poesía Pérez Parallé en 2002. 1º premio ex aequo no Certame de poesía Concello de Vilalba en 2003 1º premio no Certame de poesía Concello de Vilalba en 2004. 1º premio no Certame de poesía Conde de Gondomar no Val Miñor en 2007. 3º premio no Certame de poesía da Asociación Rosalía de Castro de Cornellà en 2007. 1º Premio no Certame de poesía Francisco Añón en 2008. 1º Premio no Certame de poesía Concello de Marín no 2009. 1º Premio no Certame de poesía Concello de Vilalba no 2009, por Ingrávido signo. 1º Premio no Certame de poesía Concello de Vilalba en 2010, por Na intimidade do azougue. 1º Premio no Certame de poesía Concello de Vilalba en 2013, por Os privilexios dos somnámbulos. Gañador do V Premio de poesía Xosé María Díaz Castro, do concello de Guitiriz en 2021, por Coma o ruído que fan as portas das igrexas ao pecharse.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O blog de Pablo Bouza

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Fene Categoría:Nados en 1965 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela