Ian McDiarmid, nado en Carnoustie (Tayside) o 11 de agosto de 1944, é un actor e director escocés de teatro, que tamén fixo aparicións esporádicas no cinema e na televisión. McDiarmid tivo unha exitosa carreira no teatro, pero en todo o mundo é recoñecido polo seu máis famoso papel como o Emperador Palpatine nos filmes de Star Wars (nas triloxías orixinais e na precuela).
Dende o ano 1976 apareceu en 47 filmes.
Traxectoria McDiarmid naceu en Carnoustie e converteuse nun afeccionado do teatro á idade de cinco anos, cando o seu pai o levou a ver un acto co nome de Tommy Morgan nun teatro situado en Dundee. No 2004 declarou: "Dalgún xeito fascinoume, e tamén me arrepiaba. Tódalas luces, toda a maquillaxe. Díxenme, 'Non sei o que é isto, pero quéroo'.
Por outra banda, por medo á desaprobación do seu pai, McDiarmid asistiu á Universidade de St Andrews, onde recibiu unha mestría en Psicoloxía. Pouco despois, decidiu seguir unha carreira no teatro e tomou cursos de capacitación en calidade na Royal Scottish Academy of Music and Drama en Glasgow. En 1968, McDiarmid recibiu unha medalla de ouro polo seu traballo. Este sería o primeiro de moitos recoñecementos que lle deu o teatro polo seu labor. McDiarmid afirmou que se converteu no seu receptor "facendo tódalas tarefas aburridas que tes que facer cando es novo para gaña-la vida."
Agora ten unha exitosa carreira como director de teatro, e dende 1990 até a súa xubilación no 2001 foi director artístico do conxunto Almeida Theatre de Londres en Islington. El e o seu co-director Jonathan Kent reviviron o Almeida e convenceron a moitas estrelas de Hollywood como Kevin Spacey, Ralph Fiennes e Anna Friel a pisar os taboleiros do seu humilde teatro. Gañou o cobizado premio London Evening Standard en 1998 polos seus esforzos.
Star Wars Aínda que McDiarmid é ante todo un actor de teatro, considérase feliz de traballar en filmes. Despois dunha pequena aparición na película de Dragonslayer, McDiarmid foi elixido por George Lucas para encarnar o Emperador Palpatine en Star Wars: Episode VI - Return of the Jedi. Dezaseis anos despois volveu interpretar o papel dun senador máis novo na precuela das películas de Star Wars. El mesmo atribuíu a oportunidade de repetir o seu papel ó feito de ser moito máis novo que a súa personaxe a primeira vez que facía o papel.
Nas precuelas interpreta dous caracteres distintos e volve crear a súa interpretación diabólica de Palpatine en Star Wars: Episode VI - Return of the Jedi. Se ben lograra anteriormente pouco recoñecemento debido ás extensas próteses empregadas para o papel que o facía irrecoñecible, recibiu ampla atención e aclamación da crítica polo seu papel máis amplo nas precuelas.
Tamén traballou en Star Wars como a voz de Palpatine nos videoxogos: Super Star Wars: The Empire Strikes Back, Super Star Wars: Return of the Jedi, Lego Star Wars The Video Game, Lego Star Wars II: The Original Trilogy, Star Wars Battlefront: Renegade Squadron e Star Wars Battlefront: Elite Squadron.
Filmografía Cinema The Likely Lads (1976) Sir Henry at Rawlinson End (1980) Richard's Things (1980) The Awakening (1980) Dragonslayer (1981) Gorky Park (1982) Star Wars Episode VI: Return of the Jedi (1983) Dirty Rotten Scoundrels (1988) Restoration (1995) Star Wars: Episode I - The Phantom Menace (1999) Sleepy Hollow (1999) Star Wars: Episode II - Attack of the Clones (2002) Star Wars: Episode V - The Empire Strikes Back Star Wars: Episode III - Revenge of the Sith (2005) The Odds (2009)
Televisión Red Letter Day (1 episodio, 1976) Crown Court (1 episodio, 1978) A Performance of Macbeth (1979) Crime e castigo (televisión) (2002) Elizabeth I (2005) City of Vice (5 episodios, 2008) Margaret (2009)
Premios Ano Premio Traballo Resultado 1968 Medalla de Oro do Royal Scottish Academy of Music and Drama Gañador 1982 Premio Laurence Olivier ó mellor actor Insignificance Gañador 1985 Time Out Comedy Award ó mellor director Scenes from an Execution Gañador 1990 Time Out Comedy Award ó mellor director Volpone Gañador 1991 Observer Award polo seu traballo durante dez anos na escena irlandesa Volpone, The Rehearsal, e Betrayal Field Candidato 1995 Manchester Evening News Award ó mellor actor Hated Nightfall Gañador1998Special Evening Standard Award pola súa traxectoria Gañador 2001 Critics' Circle Theatre Award ó mellor actor Faith Healer Gañador 2002 Clarence Derwent Award ó mellor actor secundario Faith Healer Gañador 2004 Manchester Evening News Award ó mellor actor Enrique IV Gañador 2005 Theatregoers' Choice Award ó mellor actor El Rey Lear Gañador Teen Choice Award ó mellor actor en filme de acción Star Wars: Episode III - Revenge of the Sith Candidato 2006 Drama League Award por su interpretación Faith Healer Candidato Theatre World Award á mellor interpretación revelación Gañador
Categoría:Actores de cinema de Escocia Categoría:Actores de teatro de Escocia Categoría:Actores de televisión de Escocia Categoría:Directores de teatro de Escocia Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Escocia