Gerardo Fentanes Portela, nado en Cerdido o 31 de marzo de 1887 e finado en Bordeos (Francia) o 6 de xuño de 1944, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fixo o bacharelato no Instituto da Coruña. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1912. Foi xuíz de Tinéu, Lalín, Úbeda e Sevilla e maxistrado da Audiencia Territorial de Sevilla. Militante de Acción Republicana, en maio de 1932 foi nomeado gobernador civil de Xaén, e en novembro dese ano da Coruña,La Voz de Galicia, 5-11-1932, p. 2, 3. posto no que permaneceu ata setembro de 1933. Foi maxistrado do Tribunal Supremo ata o final de Guerra civil. Foi nomeado xuíz especial para os sucesos de Yeste do 29 de maio de 1936 onde morreron 16 campesiños e un garda civil. Exiliouse en Francia, onde morreu en 1944.

Recoñecementos

Foi condecorado co grao de oficial da Lexión de Honra Francesa o 15 de novembro de 1933. Vida persoal

Casou en Santiago de Compostela con Laura Merino Simón en xuño de 1911.La Correspondencia Gallega, 17-6-1911, p. 2. Tivo 3 fillos: Xerardo, Laura e Carmen Fentanes Merino.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas El Tribunal Supremo durante la Guerra Civil

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Gobernadores civís de Xaén Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Cerdido

Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1944