Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa. Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.
Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 327 946 habitantes en 2020, tras A Coruña e Pontevedra.
Consta de 67 concellos, 11 comarcas e 9 partidos xudiciais, integrados por 1167 parroquias e 10 299 entidades de poboación.
Xeografía miniatura|upright=1.5|Lugo por Francisco Coello, 1864. miniatura|O mar Cantábrico en Burela. miniatura|O río Sil ó seu paso pola Ribeira Sacra lucense. miniatura|O Landro ó seu paso polo concello de Ourol. miniatura|O encoro de Belesar no concello do Saviñao. miniatura|Vista da praia das Catedrais, en Ribadeo miniatura|A croa do castro de Viladonga, en Castro de Rei, é un dos miles de castros que ten a provincia. A provincia sitúase no nordeste de Galicia, e ocupa 9.856 km². Segundo o IGE, no ano 2020 vivía unha poboación de 327 946 habitantes, cunha densidade de poboación duns 33,27 hab./km².
Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste coa provincia da Coruña, ao sur coa provincia de Ourense, e ao leste, co Principado de Asturias e coa provincia de León.
A orixe da delimitación moderna parte do proxecto de prefecturas de Xosé I, na invasión napoleónica, que establecía a prefectura do Alto Miño, con cabeceira en Lugo e subprefecturas en Lugo, Mondoñedo e Viveiro.
Rías As rías da provincia de Lugo forman parte das Rías Altas. De oeste a leste son: Ría do Barqueiro, desembocadura do río Sor, límite das provincias de Lugo e A Coruña. Ría de Viveiro, desembocadura do río Landro, ó norte de Viveiro. Ría de Foz, desembocadura do río Masma, ó leste de Foz. Ría de Ribadeo, desembocadura do río Eo, límite entre Galicia e Asturias.
Illas As illas máis importantes da costa lucense son, de oeste a leste: Illa Coelleira, na boca oriental da ría do Barqueiro, no concello do Vicedo. Illa Ansarón, no concello de Xove. Os Farallóns, en fronte de San Cibrao, no concello de Cervo. Illa Pancha, na punta nordeste do concello de Ribadeo, no extremo occidental da saída da ría de Ribadeo.
Cabos Entre os numerosos cabos e puntas que hai na provincia debido a súa costa irregular, destacan: Punta Roncadoira, no concello de Xove. Punta de Morás, no concello de Xove. Cabo de San Cibrao, no concello de Cervo. Punta dos Castros, no concello de Cervo. Cabo Burela, no concello de Burela.
Ríos O principal río que a percorre é o Miño, que tamén acada a provincia de Ourense e fai de linde entre a provincia de Pontevedra e Portugal, desembocando no océano Atlántico. Na cornixa cantábrica ten moitos pequenos ríos. O afluente do Miño é o Sil, que, doutra banda, cómpre dicir que resulta un atractivo turístico amais de polos canóns e a súa riqueza vinícola, tamén polo encadramento no que se atopa, a chamada Ribeira Sacra, que abrangue o sur da provincia de Lugo e mais o norte da de Ourense.
Río Miño, nace na serra de Meira e desemboca no océano Atlántico no límite galaico-portugués. Atravesa a provincia de norte a sur. A meirande parte da provincia pertence á súa cunca. Río Sil, nace no Bierzo e desemboca no río Miño. Na maior parte do seu percorrido pola provincia fai de límite coa provincia de Ourense. Río Landro, nace na serra do Xistral e desemboca na ría do Barqueiro. Río Ouro, nace na serra do Xistral e desemboca no mar Cantábrico. Río Masma, nace na serra da Toxiza e desemboca na ría de Foz. Río Eo, nace en Baleira e desemboca na ría de Ribadeo. Foi declarado en 2007, Reserva da Biosfera pola UNESCO. Río Ladra, nace na Terra Chá e desemboca no río Miño. Río Narla, nace nos montes do Corno de Boi e desemboca no río Miño. Río Anllo, nace na serra do Xistral e desemboca no río Miño. Río Lea, nace na serra do Monciro e desemboca no río Miño. Río Neira, nace na serra do Portelo e desemboca no río Miño. Río Navia, nace nos Ancares e desemboca en Navia (Asturias). Río Cabe, nace no Incio e desemboca no río Sil. Río Lor, nace no Courel e desemboca no río Sil.
Encoros Hai 28 encoros na provincia, entre os que destacan: Encoro de Belesar, no río Miño ó seu paso polos concellos de Guntín, Páramo, Portomarín, Paradela, Taboada, Chantada e O Saviñao. Ten 655 hm³ de capacidade. é o maior de Galicia. Encoro de Salime, no río Navia ó seu paso por Negueira de Muñiz. Ten 266 hm³ de capacidade. Encoro de Santo Estevo, no río Sil ó seu paso polos concellos de Sober, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil e A Teixeira. Ten 213 hm³ de capacidade. Encoro dos Peares, no río Miño ó seu paso polos concellos do Saviñao, Chantada, Carballedo e Pantón. Ten 182 hm³ de capacidade. Encoro de Vilasouto, no río Mao ó seu paso por Vilasouto, no concello do Incio. Ten 21 hm³ de capacidade. Encoro de Sequeiros, no río Sil ó seu paso por Sequeiros, no concello de Quiroga. Ten 11 hm³ de capacidade. Encoro de San Martiño, no río Sil ó seu paso polos concellos de Quiroga, Larouco, A Rúa de Valdeorras e Petín. Ten 10 hm³ de capacidade. Encoro do Covo, no río Covo ó seu paso polo Castelo, no concello de Cervo. Ten 6 hm³ de capacidade. Encoro de San Xoán, no concello de Guitiriz. Ten menos de 1 hm³ de capacidade.
Para unha lista completa, véxase Lista de encoros de Galicia.
Lagoas Na provincia de Lugo hai varias lagoas situadas na Terra Chá: Lagoa de Cospeito, no concello de Cospeito. Lagoas de Pedroso, no concello de Begonte. Lagoas de Bardancos, no concello de Castro de Rei. Lagoas de Reboredo, no concello de Vilalba. Lagoa de Carballosa, no concello de Cospeito. Lagoa de Denune, no concello de Begonte Lagoa de Abelleiras, no concello de Cospeito. Lagoa de Seixas, no concello de Cospeito.
Sistemas montañosos Os sistemas montañosos máis importantes da provincia son: Serra dos Ancares, facendo fronteira con León e Asturias, co pico da Pena Rubia (1.822 m) como altura raíña. Foi declarado en 2006, Reserva da Biosfera pola UNESCO. Serra do Courel, ó norte do río Sil, tamén en fronteira coa provincia de León, co monte Faro (1.606 m). Serra do Xistral, entre a A Mariña de Lugo e a Terra Chá, co Cadramón (1.056 m) e O Xistral (1.032 m) como puntos máis altos. Serra do Faro, co monte Cantelle (1.222 m) fronteira entre Lugo e Pontevedra. Cova da Serpe, co pico do mesmo nome (841 m) entre Lugo e A Coruña.
Demografía Concellos máis poboados
{|style="border: 1px solid gray; align=top;" |- Comarcas e concellos da provincia de Lugocenter|550pxConcellos máis poboados PosiciónConcelloPoboación (2020) 1º alt=|36x36px Lugo 98.519 2º 20px Monforte de Lemos 18.347 3º 20px Viveiro 15.391 4º 20px Vilalba 14.079 5º 20px Sarria 13.338 6º 20px Foz 10.016 7º 20px Ribadeo 9.860 8º 20px Burela 9.498 9º 20px Chantada 8.157 10º 25px Guitiriz 5.490 11º 20px Outeiro de Rei 5.210 12º 20px Castro de Rei 5.073 13º 20px Cospeito 4.374 14º 20px Cervo 4.192 15º 20px Friol 3.682 16º 20px O Saviñao 3.589 17º 20px Monterroso 3.562 18º 20px Mondoñedo 3.480 19º 20px O Corgo 3.440 20º 20px A Fonsagrada 3.328 21º 20px Quiroga 3.151 22° 20px Palas de Rei 3.316 23° 20px Xove 3.360 24° 20px Barreiros 3.001 25º 20px Begonte 2.976 26° 20px Pastoriza 2.963 27º 20px Becerreá 2.826 28º 20px Taboada 2.689 29º 20px Guntín 2.238 30º 20px Castroverde 2.592
Evolución
Gráfico da evolución da poboación da provincia dende 1900 ata 2020:
Patrimonio Zonas protexidas Na provincia de Lugo hai varias zonas protexidas, aínda que non hai ningún parque nacional nin natural.
Praia das Catedrais Terras do Miño Río Eo, Oscos e Terras de Burón Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá
Economía O 50% pertence a servizos, o 34% a primaria (agricultura, gandería, silvicultura e pesca), o 11% é a construción e o 5% a industria (incluída a enerxía).
Comunicacións Estradas A-6 (e N-VI): Arteixo-A Coruña-Lugo-Ponferrada-Astorga-Benavente-Medina del Campo-Madrid. A-8 (e N-634): Santiago de Compostela-Vilalba-Ribadeo-Xixón-Santander-Bilbao-Donostia. CG-2.1: Lalín (AP-53)-Chantada-Monforte de Lemos CG-2.2: Nadela (A-6) - Sarria - Monforte de Lemos N-120 (futura A-76): Logroño - Burgos - León - Ponferrada - Monforte de Lemos - Ourense - Vigo N-540 (futura A-56): Lugo - Guntín (N-547) - Chantada - Ourense N-547 (futura A-57): Santiago de Compostela - Arzúa - Melide - Palas de Rei - Guntín (N-540) N-640: Vilagarcía de Arousa - A Estrada - Lalín - Monterroso - Lugo - Meira - A Pontenova - A Veiga - A-8 N-642: Ferrol - Ortigueira - Viveiro - Burela - Foz
Ferrocarril Na provincia de Lugo hai tres liñas de tren en funcionamento: A Coruña-Palencia (Adif) por Guitiriz, Rábade, Lugo, Sarria, Monforte e Quiroga. Vigo-Monforte de Lemos (Adif) Ferrol-Oviedo (Feve) por Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo.
Transporte aéreo
Aeródromo de Rozas, en Castro de Rei. Aeródromo de Vilaframil, en Ribadeo. Aeródromo das Lamas, en Monforte de Lemos. Heliporto Costa Norte, en Viveiro.
Comarcas
Comarca Capital Concellos Os Ancares Becerreá Becerreá, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro Chantada Chantada Carballedo, Chantada, Taboada A Fonsagrada A Fonsagrada Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz Lugo Lugo Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín, Rábade A Mariña Central Mondoñedo Alfoz do Castrodouro, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro A Mariña Occidental Viveiro Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove A Mariña Oriental Ribadeo Barreiros, A Pontenova, Ribadeo, Trabada Meira Meira Meira, Pol, A Ribeira de Piquín, Riotorto Quiroga Quiroga Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil Sarria Sarria O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria, Triacastela Terra Chá Vilalba Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Pastoriza, Vilalba, Xermade Terra de Lemos Monforte de Lemos Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao, Sober A Ulloa Antas de Ulla Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei
Concellos As comarcas da provincia de Lugo divídense en 67 concellos (Galicia ten 313).
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de concellos de Lugo Provincias de España Escudo da provincia de Lugo
Ligazóns externas Deputación de Lugo
Lugo