O 1 de febreiro é o 32º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 333 días para finalizar o ano, 334 nos anos bisestos.

Acontecementos 705 - Xoán VII é electo papa 772 - Hadrian I é electo papa 1192 - Afonso VIII de León e Galicia outorgalle os seus primeiros foros a Vilafranca do Bierzo. 1327 - en Londres, o adolescente Eduardo III accede ao trono de Inglaterra, pero o país é controlado pola súa nai Isabel de Francia e o amante desta, Roger Mortimer. 1796 - A capital do Canadá Superior trasládase de Newark a York. 1861 - Guerra civil norteamericana: Texas segrégase dos Estados Unidos de América. 1908 - O rei Carlos I de Portugal e o seu primoxénito Luís Filipe, Duque de Bragança son asasinados no Terreiro do Paço en Lisboa por militantes republicanos. Manuel II ascende ao trono. 1913 - Inaugúrase a Grande Estación Central de Nova York, a maior do mundo. 1918 - Rusia adopta o calendario gregoriano. 1920 - Organízase a Policía Montada do Canadá. 1938 - Indonesia: Un tremor de magnitude 8,5 no mar de Banda xerou varios tsunamis, causando grandes danos en Banda e Kai, illas volcánicas no leste da Indonesia. 1946 - O noruegués Trygve Lie, designado primeiro Secretario Xeral das Nacións Unidas. 1958 - Exipto e Siria únense para formar a República Árabe Unida, que dura até 1961. 1960 - Catro estudantes negros protagonizan unha sentada no mostrador dun restaurante en Greensboro, Carolina do Norte. 1968 - Guerra de Vietnam: O oficial do Vietcong Nguyen Van Lem é executado por Nguyen Ngoc Loan, un xefe de policía de Vietam do Sur. A execución, filmada e fotografada por Eddie Adams, contribúe a mobilizar a opinión pública contra a guerra. 1978 - O director de cinema Roman Polanski burla a fianza e escapa para Francia tras confesarse culpábel de manter relacións sexuais cunha rapaza de 13 anos. 1979 - Ayatollah Khomeini retorna a Teherán, Irán despois de 15 anos de exilio. 2003 - O Transbordador espacial Columbia desintégrase sobre o estado do Texas no retorno á Terra, morrendo os sete astronautas. 2012 - Comeza a editarse o xornal dixital Praza Pública.

Nacementos miniatura|100px|Hugo von Hofmannsthal. 1805 - Louis Auguste Blanqui, revolucionario socialista francés. 1844 - Manuel Vázquez Castro, xornalista e escritor galego (m. 1885). 1857 - Vladimir Bexterev, neurólogo, neurofisiologo e psiquiatra ruso (m. 1927). 1874 - Hugo von Hofmannsthal, escritor austríaco. 1880 - Francesco Balilla Pratella, compositor e musicólogo italiano (m. 1955). 1882 - Marie Majerová, escritora e xornalista checoslovaca (m.1967) 1895 - John Ford, director de cine (m. 1973). 1901 - Clark Gable, actor (m. 1960). 1905 - Emilio Gino Segrè, físico italo-americano, Premio Nobel de Física en 1959. 1917 - José Luis Sampedro, economista e escritor español. 1927 - Berta Tapia, política galega. Foi alcaldesa da Coruña entre 1978 e 1979. 1930 - María Elena Walsh, escritora e cantautora arxentina (m. 2011). 1931 - Boris Eltsin, político ruso (m. 2007). 1931 - Iajuddin Ahmed, presidente de Bangladesh (m. 2012). 1922 - Renata Tebaldi, soprano italiana. 1942 - Gerardo González Martín, político e xornalista galego. 1947 - Henrique López Veiga, político galego. 1947 - José María Caneda, empresario galego. 1948 - Aurora Marco, ensaísta galega. 1949 - Xuan Xosé Sánchez Vicente, escritor e político asturiano. 1966 - Laurent Garnier, compositor francés de música electrónica.

Mortes miniatura|100px|Mary Shelley. 1851 - Mary Shelley, escritora británica (n. 1797). 1871 - Alexander Serov, compositor ruso. 1903 - George Gabriel Stokes, físico irlandés. 1905 - Oswald Achenbach, pintor alemán (n. 1827). 1908 - Carlos I, Rei de Portugal (1889-1908) (n. 1863). 1932 - Farabundo Martí, político revolucionario salvadoreño. 1938 - Armando Palacio Valdés, escritor español. 1944 - Piet Mondrian, pintor holandés (n. 1872). 1947 - Xosé Baldomir, músico galego (n. 1867). 1953 - Antonio Goicoechea, avogado e político español (n. 1879). 1955 - Armando Peñamaría Álvarez, médico e político galego (n. 1870). 1958 - Clinton Davisson, físico estadounidense, Premio Nobel de Física en 1937 (n. 1881).

1964 - Luís Soto Menor, mestre e inspector galego (n. 1881). 1966 - Buster Keaton, actor e cineasta cómico estadounidense (n. 1895).

1976 - Werner Heisenberg, físico alemán, Premio Nobel de Física en 1932 (n. 1901).

1976 - George Hoyt Whipple, médico estadounidense, Premio Nobel de Medicina en 1934 (n. 1878). 1988 - Enrique Fernández Maneiro, sindicalista anarquista galego (n. 1905). 1993 - Moncho Valcarce, crego e político galego (n. 1935). 1993 - Juan Naya Pérez, xornalista e historiador galego (n. 1914). 2009 - Atilano Franco, actor galego (n. 1956). 2012 - Wisława Szymborska, poeta polaca (n. 1923). 2014 - Maximilian Schell, actor austríaco (n. 1930). 2014 - Luis Aragonés, futbolista e adestrador de fútbol español (n. 1938). 2018 - Isidro Novo, escritor galego (n. 1951). 2018 - Urbano Lugrís, pintor galego (n. 1942).

Festas e celebracións

Outros

Os 366 días do ano

01