Santalla da Devesa é unha parroquia do concello de Ribadeo. Segundo o censo municipal, en 2004 tiña 615 habitantes distribuídos en 11 entidades de poboación e 9 lugares, cunha densidade de 29,6 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 529 habitantes, sendo 256 homes e 273 mulleres.

Xentilicio O seu xentilicio é devesao.

Xeografía Limita coas parroquias de Reinante, San Miguel de Reinante e Vilamartin Pequeno (no concello de Barreiros) cuxo límite o fai o regato do Perdón e, polo sur con Arante, no leste con Cubelas e Vilaframil (tamén está o seu termo o monte Mondigo) e polo oeste con Rinlo. Pertece ó arciprestado de Ribadeo.

Ten unha superficie de 20,74 km² e unha altitude media de 110 m, estando a maioría da parroquia asentada na rasa costeira fronte ó mar Cantábrico.

Evolución da poboación Presenta unha poboación descendente: totalhomesmulleres2018477235242201749624525120164942422522015505245260201452925627320135412602812012561267294201156226729520105812763052009589282307200859328730620076032923112006603288315200561729332420046152963192003625303322200263530632920016463103362000661317344

Toponimia

O topónimo deriva do latín DEFENSA, "protexida", e tamén "bosque en terreo comunal"Calendario toponímico 2019 do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, accesible en http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=system/files/calendario%20toponimico%20ies%20dionisio.pdf, que perde o n ante o s na súa evolución, como mensa / mesa, quedando así Defesa, como xa aparece testemuñado no ano 924. O f latino, son fricativo fortemente sonorizado, convértese nun v dando a súa forma actual Devesa, co significado de "Vila fortemente defendida" que logo pasou a designar esta parroquia.

Historia Coa reforma parroquial da diocese de Mondoñedo de 1895 constituíuse a nova parroquia de Rinlo, segregándose da Devesa.

Patrimonio A igrexa parroquial de Santa Eulalia é do século XVI, pero con reformas posteriores. Dispón dunha nave con bóveda de aresta nos tres tramos, sobre arcos faxóns. Na fachada un arco escarzano e unha torre de dous corpos rematada por unha cúpula de media laranxa. No seu interior, un retablo neoclásico do século XIX e tres barrocos do XVIII. En canto á orfebrería posúe tres cálices e un copón, de prata e ouro. Existen, ademais, dentro do termo parroquial tres capelas, baixo as advocacions de Santa Filomena, San Roque e San Ramón (cun retablo barroco do XVIII ao que se lle incorporou un Cristo do século XVII).

En Meirengos consérvase un castro de aproximadamente unha hectárea. Asemade, na zona dos Castros consérvanse restos de poboados castrexos de certa importancia. Tamén se localizan o Círculo Habaneiro, a Casa Place, a Casa Maseda e outras de estilo colonial ao carón da estrada xeral.

A parroquia conta entre o seu patrimonio natural coa praia de Augas Santas (tamén coñecida como praia das Catedrais) pertencente á zona do Rato. Outros areais de importancia son Os Castros, As Illas, A Rochela (estas dúas na zona da Rochela) e Esteiro (dentro da zona do mesmo nome).

Economía A cooperativa agrícola Os Irmandiños, situada na Devesa, contribuíu economicamente ao seu desenvolvemento, así como a dar un empurrón ao concello de Ribadeo no conxunto do ámbito municipal das actividades.

A atracción da praia das Catedrais ten sido un polo de desenvolvemento económico baseado no turismo.

A N-634 e a A-8 (cunha saída para a praia das Catedrais) atravesan a parroquia, o mesmo que a liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón (cun apeadoiro próximo á Praia dos Castros).

Lecer O Albergue Xuvenil é un campamento que se abre no verán para realizar acampadas. Está situado entre a N-634 e a praia das Catedrais.

Festas O 31 de agosto celébrase a festa na honra a San Ramón Nonato, que inclúe romaría e procesión. Pero as Festas Patronais son as de Santa Eulalia case sempre o 10 de decembro e contan cunha gran tradición na zona xa que coinciden coa época do San Martiño ou da matanza do porco.

Notas

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares da Devesa

Parroquias de Ribadeo

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ribadeo

Categoría:Parroquias de Ribadeo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santalla Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía