Santiago Vicente Amor Barreiro,El alcalde de Ames se querella contra miembros del PP por "sus insinuaciones sobre su patrimonio" . www.elcorreogallego.es, 14/05/2011 nado o 3 de agosto de 1973 en Santiago de Compostela, é un político galego do PPdeG. Dende maio de 2011 ata xuño de 2015 foi alcalde electo do concello de Ames.
Traxectoria Membro dunha familia coñecida de Santiago de Compostela, posuidora dunha inmobiliaria, vencellouse ao Partido Popular dende a súa mocidade. Foi vicepresidente do Consello da Xuventude de Galicia en representación de Novas Xeracións, tesoureiro do Obradoiro CAB e membro do comité executivo da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
Residente na vila do Milladoiro, nas eleccións municipais de 2007 presentouse como candidato polo PPdeG á alcaldía de Ames, pero colleitou uns malos resultados, perdendo un concelleiro e deixando de ser a primeira forza amiense. Nas municipais de 2011 repetiu como candidato a alcalde e obtivo a maioría absoluta, co 45% dos votos. No ano 2015, gañou as eleccións (4 concelleiros) por so 8 votos ao PSdeG-PSOE, pero os votos de PSdeG-PSOE (4 concelleiros), Ames Novo (4 concelleiros), Contigo Pódese (3 concelleiros) e BNG (2 concelleiros) fixeron alcalde ao socialista José Miñones.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Ames
Categoría:Alcaldes de Ames Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1973