Jumanji é un filme estadounidense dirixido por Joe Johnston que se estreou en 1995. É unha comedia-fantasía sobre un xogo de mesa sobrenatural que fai que os animais da xungla e outras criaturas se materialicen cada vez que un xogador tira os dados. Baséase no libro de ilustracións Jumanji de Chris Van Allsburg. O guión é obra de Greg Taylor, Jonathan Hensleigh e Jim Strain e está protagonizado por Robin Williams, Bonnie Hunt, Kirsten Dunst, Bradley Pierce, David Alan Grier, Jonathan Hyde e Bebe Neuwirth. A historia céntrase en Alan Parrish, un rapaz que queda atrapado nun xogo de mesa mentres xogaba coa súa amiga Sarah Whittle en 1969. Vinte e seis anos despois, os irmáns Judy e Peter Shepherd atopan o xogo, comezan a xogar e sen querer liberan a Alan, agora un adulto. Despois de buscar a Sarah, os catro deciden rematar o xogo para reverter toda a destrución que causou.

O filme foi estreado o 15 de decembro de 1995. Malia a morna acollida da crítica, foi un grande éxito de recadación, conseguindo $263 millóns en todo o mundo sobre un orzamento de $65 millóns e converteuse no décimo filme con maior recadación de 1995. Industrial Light & Magic foi o encargado de crear os gráficos por ordenador e os animatronics para os efectos especiais.

No 2005, estreouse un filme como sucesor espiritual de Jumanji, titulado Zathura: A Space Adventure, e que tamén foi adaptado dun libro de Van Allsburg que estaba máis directamente relacionado co libro de Jumanji. Unha secuela, Jumanji: Welcome to the Jungle, foi estreada o 20 de decembro de 2017.

Sinopse Alan Parrish queda atrapado durante 25 anos nun xogo de mesa máxico e moi antigo, Jumanji. Cando finalmente é liberado por dous nenos, unha manda de animais exóticos tamén é liberada. Alan deberá salvar a súa vila da destrución.

Personaxes Robin Williams como Alan Parrish Adam Hann-Byrd como o xove Alan Parrish Bonnie Hunt como Sarah Whittle Laura Bell Bundy como a xove Sarah Whittle Kirsten Dunst como Judy Shepherd Bradley Pierce como Peter Shepherd David Alan Grier como Carl Bentley Bebe Neuwirth como Nora Shepherd Jonathan Hyde como Sam Parrish/Van Pelt Patricia Clarkson como Carol-Anne Parrish

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Rotten Tomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Joe Johnston Categoría:Filmes con bandas sonoras de James Horner Categoría:Filmes de Interscope Communications Categoría:Filmes de TriStar Pictures Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes rodados en Maine Categoría:Filmes rodados en Nova Hampshire Categoría:Filmes ambientados en 1869 Categoría:Filmes ambientados en 1969 Categoría:Filmes ambientados en 1995 Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes sobre irmáns Categoría:Filmes sobre bullying Categoría:Filmes de viaxes no tempo