Damon Graham Devereux Hill, OBE, nado en Londres o 17 de setembro de 1960, é un expiloto de Fórmula 1 británico e o campión do mundo de . É fillo do dúas veces campión do mundo de Fórmula 1 Graham Hill.

Hill chegou ás competicións de motor profesionais relativamente tarde, comezou a competir con motocicletas en 1983 á idade de 23 anos. Ao ano seguinte gañou a copa de 350 cc en Brands Hatch. En 1985 pasouse aos monoprazas de 4 rodas competindo co equipo Van Diemen na Fórmula Ford, antes de cambiar de novo á Fórmula 3 británica en 1986. Logo de tres tempadas na Fórmula 3, onde gañou 4 carreiras, Hill volveu cambiarse, esta vez á Fórmula 3000 internacional, co equipo Mooncraft, onde, aínda que foi competitivo, nunca gañou unha carreira.

Hill comezou a súa carreira na Fórmula 1 co entón pouco competitivo equipo Brabham en 1992. Obtivo a súa primeira vitoria no Gran Premio de Hungría de 1993 para o equipo Williams a primeira das súas 22 vitorias, 21 das cales foron con Williams. En 1994 gañou o Gran Premio do Reino Unido, unha carreira que o seu pai nunca gañou na súa longa e exitosa carreira. A mediados de os 90, Hill foi o principal rival de Michael Schumacher para o campionato de pilotos, acabando subcampión nas tempadas e , as cales gañou o piloto alemán. Ambos tiñan unha longa lista de enfrontamentos dentro e fóra da pista, incluíndo a famosa colisión en Adelaida en 1994 que outorgou a Michael Schumacher o seu primeiro título por tan só un punto.

Williams botou a Hill na tempada a pesar de conseguir 8 vitorias e o campionato do mundo na tempada anterior, e foi contratado por Arrows. Conseguiu ademais a primeira vitoria para o equipo Jordan no Gran Premio de Bélxica de 1998.

En 2006, Hill foi elixido presidente do British Racing Drivers Club, sucedendo así a Jackie Stewart.

A súa primeira carreira foi o Gran Premio de España de 1992 e a última o Gran Premio do Xapón de 1999.

Vida persoal e comezos

Hill naceu en Londres o 17 de setembro de 1960, froito do matrimonio do campión do mundo de Fórmula 1 Graham Hill e a súa esposa Bette. Hill ten dúas irmás, Samantha e Brigitte. Brigitte era actriz. A súa primeira película foi Caravan to Vaccares en 1974, e comezou Hill Marketing en 1998 logo de traballar con Damon. En 2002, ela fíxose representante do piloto americano Derek Hill, fillo do campión do mundo de Fórmula 1 de , Phil Hill, aínda que non tiñan parentesco entre eles.Family Tree TheHillsForever . Revisado 16 de xullo de 2006

Mentres, na súa adolescencia, Damon asistiu ao prestixioso Haberdashers' Aske's Boys' School en Hertfordshire.Hill, Damon Graham Devereux Who's Who 2006 - online version of reference book. Revisado 3 de xullo de 2006 a través de KnowUK A morte do seu pai nun accidente aéreo en 1975, cando Damon tiña só 15 anos, deixou á familia Hill nunhas circunstancias realmente malas. Hill empezou a traballar como peón e mensaxeiro en moto para pagarse os seus estudos.

Damon casou con Georgie (nada o 30 de abril de 1963), e tiveron catro fillos: Oliver (nado o 4 de maio de 1989), Joshua (nado o 9 de xaneiro de 1991), Tabitha (nada o 16 de xullo de 1995) e Rosie (nada o 1 de febreiro de 1998). Oliver naceu con síndrome de Down e Damon e Georgie financian institucións benéficas relacionadas.Family Tree > Oliver Hill TheHillsForever . Revisado 15 de xuño de 2006

Carreira

Antes da Fórmula 1

Hill comezou a súa carreira dentro do mundo do motor en competicións de motocicletas en 1983, gañando o campionato de 350 cc en Brands Hatch,Murray Walker e Simon Taylor Murray Walker's Formula One Heroes Páxina 136, liña 19 Virgin Books ISBN 1-85227-918-4 antes de competir nunha carreira de coches no Winfield Racing School en Francia.Murray Walker e Simon Taylor Murray Walker's Formula One Heroes Páxina 136, liña 31 Virgin Books ISBN 1-85227-918-4 Hill non fixo o seu debut en monoprazas ata 1984, levando o casco branquiazul do London Rowing Club como xa fixo o seu pai. Aos poucos conseguiuse meter na Fórmula Ford, gañando seis carreiras para o equipo Van Diemen en 1985. Entón Hill entrou na Fórmula 3, onde correu para tres equipos diferentes en tres anos, cunha primeira tempada constante en Mooncraft en 1986 e varias vitorias nos seguintes anos con Middlebridge Racing e a entón Intersport. En 1989, Hill alcanzou a Fórmula 3000, correndo de novo para Mooncraft e a Middlebridge Racing durante os seguintes tres anos. Aínda que Hill correu cos desfavorecidos chasis Lola con Middlebridge en 1990 e 1991, conseguiu tres poles e liderou cinco carreiras en 1990,Damon Hill www.grandprix.com Entrevista de Joe Saward con Damon Hill. Revisado 27 de xuño de 2006. pero non conseguiu gañar ningunha carreira durante a súa estancia na Fórmula 3000.

Fórmula 1

: Brabham

Hill tiña 31 anos cando comezou a súa carreira na Fórmula 1 como piloto de probas de Williams. Fichou co equipo Brabham en . Brabham, que gañou o campionato de construtores en , atopábase en serias dificultades económicas. Hill empezou a tempada na terceira carreira, substituíndo a Giovanna Amati despois de que o seu patrocinio non fose adiante. Amati non fora capaz de conseguir cualificar, pero Hill igualou ao seu compañeiro de equipo, Eric van de Poele cualificando para dous Grandes Premios de metade de tempada: o GP do Reino Unido e o GP de Hungría. O circuíto de Hungría sería logo o escenario de dúas vitorias de Hill e este sempre puntuaría aquí. Hill continuou como o piloto de probas de Williams-Renault ese ano. Pois o equipo Brabham quebrou tras o Gran Premio de Hungría e non terminou a tempada.

1993-1996: Williams

miniatura|esquerda|O mítico Williams número 0 de Damon Hill. Cando Nigel Mansell deixou Williams para ir á Indy Racing League en , Hill sentou no coche titular como compañeiro de Alain Prost, antes que o candidato con máis experiencia Martin Brundle.Derick Allsop Designs on Victory: On the Grand Prix Trail With Benetton, Páxina 25, liña 5 Hutchinson ISBN 0-09-178311-9 Na súa primeira tempada completa na Fórmula 1, Hill beneficiouse enormemente da experiencia do seu compañeiro francés.Derick Allsop Designs on Victory: On the Grand Prix Trail With Benetton Páxina 188 Hutchinson ISBN 0-09-178311-9 Logo de catro retiradas na primeira metade da tempada, ademais de problemas cos pneumáticos cando lideraba o Gran Premio de Alemaña, o piloto inglés gañou tres carreiras consecutiavas en Hungría, Bélxica (onde el e Michael Schumacher tiveron unha emocionante carreira) e en Italia. Con iso converteuse no primeiro fillo dun vencedor dun Gran Premio en gañar tamén un.

Tradicionalmente, o campión do campionato de pilotos leva o número 1 no seu coche na seguinte tempada, mentres que o seu compañeiro leva o número 2. Como o campión de , Nigel Mansell, non correu na Fórmula 1 en , déronllo ao equipo Williams os números 0 e 2. Hill colleu o número 0, sendo a segunda persoa na historia da Fórmula 1 en facelo, logo de Jody Scheckter en .

En , o tres veces campión do mundo Ayrton Senna entrou en Williams xunto a Hill. Como o entón campión, esta vez Prost, tampouco volveu correr, Hill mantivo o seu número '0'. A pretemporada apostaba por Senna como aspirante ao título,Formula One History: After Tamburello F1-GrandPrix.com/History . Revisado 13 de xuño de 2006 pero en Imola, o brasileiro perdeu a vida despois de que o seu coche saísese da pista. Co equipo baixo investigación das autoridades italianas por homicidio involuntario, Hill atopouse liderando o equipo Williams con apenas unha tempada de experiencia na máxima categoría. Aínda que Hill comentou á BBC Sport en 2004 que el cría que Senna simplemente tomou a curva demasiado rápido,Hill: Senna was at fault news.bbc.co.uk Revisado 9 de xuño de 2006 foi cumpridamente anunciado no momento que a columna de dirección do coche fallara. Baixo unhas circunstancias difíciles, Hill obtivo unha emotiva vitoria na seguinte carreira en Barcelona, así como o seu pai tamén gañou 26 anos antes con Lotus logo da morte de Jim Clark. Schumacher loitou o segundo posto con fallos na caixa de cambios, liderando comodamente as voltas anteriores.

Aínda que Michael Schumacher dominou os comezos da tempada, Hill creou certa controversia na loita polo título logo da súa vitoria no Gran Premio do Reino Unido, unha carreira na que o seu pai xamais subiu todo o máis alto do podio.Murray Walker e Simon Taylor Murray Walker's Formula One Heroes Páxina 138, liña 7-8 Virgin Books ISBN 1-85227-918-4 Schumacher foi descualificado de esa carreira por adiantar na volta de formación e en Bélxica, onde ademais lle prohibiron participar nas dúas carreiras posteriores, debido a irregularidades na prancha. Houbo catro vitorias máis para Hill, tres das cales foron en carreiras onde Schumacher foi descualificado ou non correu, entrando na batalla polo título na última carreira en Adelaida.

Pero nin Hill nin Schumacher terminaron a carreira logo dunha polémica colisión na que o piloto alemán conseguiu o título. Hill estaba alcanzando a Schumacher cando o alemán saíuse da pista mentres ía en primeira posición, danando gravemente o seu Benetton. Hill estaba pasando a quinta curva do circuíto cando ve a Schumacher volver á carreira. Chegando á sexta curva, Hill foi cara ao interior retardando o coche e ambos chocaron, rompendo a suspensión de dobre espoleta do Williams, e forzando a retirada de Hill. Michael Schumacher foi acusado polo público británico polo incidente. En 2003, a BBC buscaba The Most Unsporting Moment (O momento máis antideportivo) no que o incidente de Adelaida foi nomeado.Most unsporting moment? news.bbc.co.uk Reader's "Have your Say" voting for the most unsporting moment in history. Diego Maradona's "Hand of God" goal won the award in June 2003. Revisado 9 de xuño de 2006 O comentarista de Fórmula 1 da BBC Murray Walker, un gran fan e amigo de Damon, mantivo con todo que Schumacher non chocou intencionadamente. A tempada de Hill fíxolle ser o Deportista do Ano da BBC dese ano.Roll call of past winners news.bbc.co.uk List of BBC Sports Personality of the Year winners. Revisado 9 de xuño de 2006

miniatura|300px|esquerda|Damon Hill conducindo un Williams en Montreal en 1995.

A piques de comezar a tempada , Hill confiaba en gañar o título.GP Encyclopaedia > Drivers > Damon Hill GrandPrix.com. Revisado 14 de xuño de 2006 O equipo Williams reinaba o campionato de construtores, logo de vencer a Benetton en , e co mozo David Coulthard como compañeiro de equipo, Hill era indubidablemente o piloto número un. A tempada non empezou demasiado ben cando fixo un trompo en Brasil debido a un problema mecánico, pero unha sucesión de vitorias fixéronlle liderar o campionato. Isto non durou moito. Schumacher obtivo uns bos resultados e conseguiu defender o seu título a falta de dúas carreiras para o fin da tempada. Aínda por riba, Williams non puido conseguir o campionato de construtores. Hill cometeu varios erros graves en e foi máis ou menos cando Frank Williams empezou a considerar a posibilidade decontratar a Heinz-Harald Frentzen nun futuro. Hill aínda tiña contrato ata , polo que a súa praza no equipo estaba asegurada polo menos por unha tempada máis, pero sería a súa última tempada coa escuadra británica.