Os Toronto Blue Jays son un equipo profesional canadense de béisbol da cidade de Toronto (Ontario) que compite na Major League Baseball (MLB). Actualmente o equipo xoga na conferencia Leste da American League. Foi fundado en 1977 en Toronto, cidade na que permanece ata agora. Gañou o título de liga en dúas ocasións, a última delas en 1993 logo de bater en seis partidos aos Philadelphia Phillies, é o único equipo non estadounidense que conseguiu o título de liga nalgunha ocasión.
Dende a tempada 2004, trala relocalización dos Montreal Expos a Washington DC, son o único equipo canadense na MLB.
Estadios Rogers Centre (1989-presente) tamén coñecido como SkyDome (1989–2005) Exhibition Stadium (1977-1989)
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial dos Toronto Blue Jays
Categoría:Equipos da MLB