O Gran Premio de Suíza (en francés: Grand Prix de la Suisse, Alemán: Grosser Preis von der Schweiz) foi a primeira carreira de automóbil de Suíza. Nos seus últimos anos foi unha carreira de Fórmula Un.
O Gran Premio de automobilismo comezou en Suíza en 1934, no Circuíto Bremgarten, situado nos arredores da cidade de Bremgarten, preto de Berna. O Gran Premio de Suíza contou para o Campionato de Europa de 1935 a 1939.
A pista de Bremgarten mantivose como sede do Gran Premio de Suíza ata 1954, en 1948 designouse como o Gran Premio de Europa, nun momento en que este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a un Gran Premio de Europa. A posibilidade de volver como proba do campionato do mundo foi eliminada en , cando o automobilismo foi prohibido polo Goberno suízo, por consideralo un deporte inseguro para os espectadores tras a morte de 80 persoas na carreira de Le Mans de 1955. O Gran Premio de Suíza regresou en como Gran Premio non de Campionato ao outro lado da fronteira, no Circuíto de Dijon-Prenois, en Francia. O último Gran Premio de Suíza foi unha proba do Campionato do Mundo de Fórmula Un en , tamén se celebrou en Dijon.
O 6 de xuño de 2007 o Parlamento suízo votou a favor de levantar a prohibición das carreiras de circuíto en Suíza, votaron 97 a favor e 77 en contra. Con todo, a lexislación non foi ratificada posteriormente polo Consello suízo dos Estados (Sénat) e a prohibición en realidade é moi pouco probable que se levante.
Os gañadores do Gran Premio de Suíza As carreiras, que non formaban parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un indícanse cun fondo de cor rosa. Un fondo crema indica que a carreira foi parte do Campionato de Europa de pre- guerra.
Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados Keke Rosberg Williams-Ford Dijon (Francia) Resultados 1981-1976 Non celebrado Clay Regazzoni Ferrari Dijon (Francia) Resultados 1974-1955 Non celebrado Juan Manuel Fangio Mercedes Bremgarten Resultados Alberto Ascari Ferrari Bremgarten Resultados Piero Taruffi Ferrari Bremgarten Resultados Juan Manuel Fangio Alfa Romeo Bremgarten Resultados Nino Farina Alfa Romeo Bremgarten Resultados 1949 Alberto Ascari Ferrari Bremgarten Resultados 1948 Carlo Felice Trossi Alfa Romeo Bremgarten Resultados 1947 Jean-Pierre Wimille Alfa Romeo Bremgarten Resultados 1946-1940 Non celebrado 1939 20px Hermann Lang Mercedes-Benz Bremgarten Resultados 1938 20px Rudolf Caracciola Mercedes-Benz Bremgarten Resultados 1937 20px Rudolf Caracciola Mercedes-Benz Bremgarten Resultados 1936 20px Bernd Rosemeyer Auto Union Bremgarten Resultados 1935 20px Rudolf Caracciola Mercedes-Benz Bremgarten Resultados 1934 20px Hans Stuck Auto Union Bremgarten Resultados
Notas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 desaparecidos Categoría:Gran Premio de Suíza de Fórmula 1