María Salomé Peña Muñiz, nada en Sisán (Ribadumia) o 6 de agosto de 1974, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria Licenciada en Ciencias Químicas. Nas eleccións municipais de 1999 foi candidata número 3 na lista do PPdeG ao concello de Ribadumia, por detrás do alcalde José Ramón Barral (Nené Barral) e de Rafael Louzán, sendo concelleira de Educación, Deportes, Servizos internos e administrativos. O 1 de xuño de 2001 accedeu á alcaldía logo da dimisión do alcalde José Ramón Barral, trala súa detención pola súa presunta vinculación cun caso de contrabando de tabaco. Nas municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG e gañou por 2 votos aos Independentes por Ribadumia, partido encabezado polo seu antecesor trala súa expulsión do PPdeG por mor da súa detención. Desta forma, empatou a 5 concelleiros cos independentes fronte a 1 do BNG, polo que continuou gobernando en minoría. Nas municipais de 2007 logrou a maioría absoluta con 6 concelleiros, quedando os independentes de Nené Barral con 4. Nas 2011 volveu logra-la maioría absoluta, ampliándoa con respecto a 2007, trala retirada dos independentes da carreira electoral. Durante esta etapa seguiu como número 2 a Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra a partir do 2003.
Nas municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura popular, sendo a máis votada pero perdendo a maioría absoluta tralo regreso dos Independentes por Ribadumia, encabezados nesta ocasión por David Castro Mougán. Desta forma, logrou 6 concelleiros fronte a 5 independentes, 1 da marea Somos Ribadumia e outro do PSdeG, perdendo a alcaldía ante a formación dun tripartito entre os demais grupos, encabezado polo independente Castro Mougán. Paralelamente, Rafael Louzán perdeu a presidencia da Deputación en favor da socialista Carmela Silva. En setembro de 2015 tomou posesión como deputada provincial, trala dimisión de Louzán. En xaneiro de 2019 anunciou a súa retirada da primeira liña política.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ribadumia
Ligazóns externas Entrevista de cara ás municipais de 2011 en La Voz de Galicia Salomé Peña toma posesión como nueva diputada del PP en Pontevedra Salomé Peña confirma su retirada de la política tras décadas en el Partido Popular y ocupar los puestos de alcaldesa de Ribadumia y diputada provincial
Categoría:Alcaldes de Ribadumia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Ribadumia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes