O Partido Libertario (P-Lib), é un partido libertario de España. Historia Constituíse como Partido de la Libertad Individual o 2 de xullo de 2009 e inscribiuse como partido político o 10 de agosto daquel mesmo ano. No seu primeiro congreso, o P-Lib escolleu a Juan Pina como o seu presidente e o lugués Francisco Cacharro Gosende como o seu secretario xeralActa del I Congreso del Partido de la Libertad Individual (P-Lib) , web do P-Lib.. A súa primeira convocatoria electoral foron as eleccións xerais de 2011, onde presentou candidatura nas circunscricións de Zaragoza e Madrid. En 2014 adoptou o seu actual nome.
Ideoloxía A formación defínese como libertaria, mais segue unha postura liberal no económico, aliñada coa Escola Austríaca de Economía de Friedrich Hayek e Ludwig von Mises. Avoga por unha drástica redución das competencias das administracións públicas e o seu traslado á sociedade civil, e por unha devolución ao cidadán do poder para tomar as súas propias decisións coa mínima intervención do Estado. Ten posturas tamén liberais no social: legalización das drogas, separación total entre relixión e Estado, respecto total cara á vida privada dos individuos etc. Aposta por un estado federal e critica por igual o nacionalismo español e os nacionalismos galego, catalán ou vascoDiferencias entre el P-Lib y los otros partidos , web do partido..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do P-Lib.
Categoría:Partidos políticos de España Categoría:Partidos liberais