Xosé Antonio Ventoso Mariño, nado en Ribeira o 30 de xuño de 1951, é un docente, escritor e político galego.
Traxectoria Licenciado en Filosofía e Letras pola USC, é especialista en Historia Contemporánea. Profesor de Ensino Medio, é socio fundador do Instituto de Ciencias Sociaies de Galicia e codirector das revista Ciencias Sociais e Estudios Sociais da Barbanza. Anteriormente membro do PCG, pasou a formar parte do PSdeG-PSOE e encabezou esta formación en Ribeira en 1983, sendo elixido alcalde ó se-la candidatura máis votada. En 1987 encabezou novamente a candidatura socialista e logrou novamente a vitoria, pero nesta ocasión non logrou a alcaldía dado que os grupos de dereitas (AP, CPG e CDS) pactaron e fixeron alcalde ó candidato aliancista Ricardo Pérez Queiruga. En marzo de 1989 encabezou unha moción de censura contra este, mais ó botarse atrás varios concelleiros supuxo que fracasase. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989 foi elixido deputado autonómico, revalidando a súa acta en 1993, chegando a ser voceiro do grupo socialista. Encabezou novamente a candidatura do PSdeG en Ribeira en 1991 logrando o mellor resultado da historia do partido con 9 concelleiros, mais nesta ocasión o PPdeG logrou a maioría absoluta e non puido recupera-la alcaldía. Foi membro da Comisión Executiva do PSdeG-PSOE (1987-1994).
En xullo de 1992 foi inhabilitado pola construción durante a súa etapa na alcaldía de vivendas accesibles sen ser visadas polo Colexio de Arquitectos, ante o cal abandonou a política municipal; en 1994 foi indultadoYa son cinco los alcaldes de la zona inhabilitados en democracia La Voz de Galicia.. Porén, si puido continuar como deputado autonómico durante todo ese tempo, volvendo ser elixido tralas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1993. En 1997 volveu a concorrer na candidatura autonómica do PSdeG pero non resultou elixido tralo descenso sufrido pola formación. En febreiro de 2003 abandonou o PSdeG tralo nomeamento de José Vicente Domínguez como candidato en Ribeira pola executiva nacional do partido, en detrimento da súa muller Rosa García Pose.Ventoso Mariño se desvincula del PSOE al sentirse acosado e indefenso La Voz de Galicia Esta, conformou Iniciativa Progresista de Ribeira (IPdeR) e integrou aos desencantados coa decisión, logrando dous concelleiros nos comicios dese ano.
En abril de 2010 foi elixido presidente do Club Náutico de Ribeira, permanecendo no cargo ata maio de 2015. Presentou programas de entrevistas e debates no Canal Barbanza.
Obra en galego Poesía Do mar e dos homes.
Narrativa A pesca está no vento . Historia de Nico (2001). Vigo: Ir Indo. 251 páxs. ISBN 978-8476803578. Historia das historias da escola (2008) Vigo: Ir Indo. 138 páxs. ISBN 978-8476806272. O mar goberna desde oeste (2025). Vigo: Ir Indo. 296 páxs. ISBN 9788476807965.
Ensaio Galicia en terra allea (1997). Vigo: Ir Indo. Os señores do mar (2002). Xunta de Galicia. As sombras dos mortos. Historias de naufraxios en Cabo Corrubedo (2003). Deputación da Coruña. As fanequeiras da ría (2011). Concello de Ribeira.
Obras colectivas A xente da ría, 2002, Deputación da Coruña.
Obra en castelán Ensaio La estructura ideológica de la iglesia gallega (1923-1936). Peregrinos en tierras de magia, 2004.
Narrativa Huyen mis sueños. Diario de un lisiado, 2008.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ribeira Ligazóns externas Xosé Antonio Ventoso Mariño no Diccionario de escritores/as do Barbanza.
Categoría: Alcaldes de Ribeira Categoría: Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría: Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría: Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría: Escritores de Galicia Categoría: Escritores en lingua galega Categoría: Poetas de Galicia Categoría: Nados en Ribeira Categoría: Nados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia