O domingo é o sétimo día da semana. O nome "domingo" vén do latín Dominicus (dies) ou día do Señor, por causa da celebración cristiá da Resurrección de Xesús.
Cando o Instituto da Lingua Galega elaborou o Atlas Lingüístico Galego, tamén foi rexistrada localmente a forma arcaica primeira feira, soamente observada polo estudo nos lugares de Sistallo (en Cospeito) e Vilachán (en Tomiño) . O termo "primeira feira" procede do latín prima feria (ou feria prima).
Nomes noutras linguas miniatura|300px|dereita|Domingo nas distintas linguas de Europa.
Lingua Nome Significado Alemán Sonntag Día do Sol Búlgaro Неделя/Nedelia Día que non se traballa Catalán Diumenge Día do Señor Checo Neděle Día que non se traballa Chinés Tradicional 星期天/Xīng Qī Tian星期日/Xīng Qī Rī Día do ParaísoDía do Sol Español Domingo Día do Señor Éuscaro Igandea "Igan Handia" ("O cumio da suba da lúa chea") Francés Dimanche Día do Señor Holandés Zondag Día do Sol Inglés Sunday Día do Sol Irlandés Dé Domhnaigh Día do Señor Islandés Sunnudagur Día do Sol Italiano Domenica Día do Señor Noruegués Søndag Día do Sol Quechua Inti P'unchay Día do Sol Polaco niedziela Día que non se traballa Portugués Domingo Día do Señor Romanés Duminica Día do Señor Ruso Воскресенье/Vaskriesienie Resurrección Xaponés 日曜日/Nichiyoubi Día do Sol Grego Κυριακή (Kyriakí) Día do Señor
O domingo na cultura popular galega
Algún día será domingo e martes de entroido Eladio Rodríguez González, s. v. día. Cada martes ten o seu domingo Eladio Rodríguez González, s. v. martes. Cando chove o domingo antes da misa, toda a seman vai de risa Eladio Rodríguez González, s. v. chover. Cando o ano entrare en domingo, vende os bois e merca millo Eladio Rodríguez González, s. v. ano. Cando o domingo chove dispois da misa, a semaniña enteira vaise de risa Eladio Rodríguez González, s. v. domingo. Día de entroido e domingo de páscoa, cada larpeiro na sua casa Eladio Rodríguez González, s. v. entroido.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Domingo de Ramos Nomes dos días A semana na cultura popular galega Bibliografía RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano''. Galaxia, Vigo 1958-1961.
Categoría:Cronometría