miniatura|dereita|O espectro electromagnético, resaltando a luz visíbel
O espectro electromagnético é o intervalo completo da radiación electromagnética, que contén desde as ondas de radio, pasando polas microondas, o infravermello, a luz visible, os raios ultravioleta, os raios X, a radiación gamma, ata os raios cósmicos.
Falar de espectro referíndose a un fenómeno ondulatorio como o é a radiación electromagnética (EM), significa falar en termos de frecuencia de oscilación, longura de onda ou enerxía de fotón. Así o espectro electromagnético é un mapa, unha clasificación da radiación EM segundo estes parámetros.
Por outra banda o espectro EM pódese clasificar do mesmo xeito con calquera destes tres parámetros, que gardan unha relación de proporcionalidade entre eles. Deste xeito tense que,
onde é a frecuencia medida en Herzios (Hz), é a longura de onda medida en múltiplos e submúltiplos do metro, E é a enerxía medida en Joule (J) -aínda que se adoita ofrecer tamén, por simplicidade, en electrón-voltios (eV)-, e finalmente h é a constante de Planck.miniatura|centro|800 px|O espectro electromagnético.
Zona espectral Zona Espectral Lonxitude de onda (m) Frecuencia (Hz) Enerxía (J) Raios gamma < 10 pm >30.0 EHz >19.9E-15 J Raios X < 10 nm >30.0 PHz >19.9E-18 J Ultravioleta Extremo < 200 nm >1.5 PHz >993E-21 J Ultravioleta Próximo < 380 nm >789 THz >523E-21 J Luz Visíbel < 780 nm >384 THz >255E-21 J Infravermello Próximo < 2.5 um >120 THz >79.5E-21 J Infravermello Medio < 50 um >6.00 THz >3.98E-21 J Infravermello Afastado/submilimétrico < 1 mm >300 GHz >199E-24 J Microondas < 30 cm >1.0 GHz >1.99e-24 J Ultra Alta Frecuencia (UHF) -Radio <1 m >300 MHz >1.99e-25 J Moi Alta Frecuencia (VHF) Radio <10 m >30 MHz >2.05e-26 J Onda curta (SW) - Radio <180 m >1.7 MHz >1.13e-27 J Onda Media (MW) Radio <650 m >650 kHz >4.31e-28 J Onda Longa (LW) Radio <10 km >30 kHz >1.98e-29 J Moi Baixa Frecuencia (VLF, ULF, ELF, SLF) Radio >10 km <30 kHz <1.99e-29 J miniatura|centro|600 px|Espectro electromagnético, penetración na atmosfera, lonxitude de onda, frecuencia e radiación de corpo negro. Véxase tamén
Categoría:Electromagnetismo