Happy Pills é o terceiro álbum da banda de post-grunge de Seattle Candlebox, editado o 21 de xullo de 1998 a través do selo Maverick Records. O disco conta co antigo batería de Pearl Jam Dave Krusen, que substituíu a Scott Mercado en 1997. Happy Pills non conseguiu o éxito dos seus predecesores e foi o último traballo da banda antes de entrar en hiato no ano 2000. Tamén foi o derradeiro disco de Candlebox publicado por Maverick.

Listaxe de cancións "10,000 Horses" - 5:10 "Happy Pills" - 3:26 "Blinders" - 5:49 "It's Alright" - 5:23 "A Stone's Throw Away" - 5:41 "So Real" - 3:54 "Offerings" - 4:17 "Sometimes" - 5:08 "Step Back" - 4:30 "Belmore Place" - 4:02 "Breakaway" - 4:15 "Look What You've Done" - 4:33

Categoría:Álbums de Candlebox Categoría:Álbums musicais de 1998 Categoría:Álbums de Maverick Records