Roxelio Rivero, nado nas Neves en 1884 e finado en 1940,"Homenaxe en As Neves" in La Voz de Galicia, 17-5-1996, p. 43. foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria Redactor de El Tea de Ponteareas, onde ás veces empregaba o pseudónimo Xacinto d'as Cubelas, colaborou en Diario de Avisos e Heraldo de Zaragoza e foi correspondente nas Neves de Noticiero de Vigo. Nas Neves dirixiu El Azote, mantivo unha sección crítica titulada “Aturuxos” no semanario satírico vigués La Ráfaga e tamén foi colaborador de Vida Gallega, Don Quijote de Ponteareas, Tramancazos e El Soplete editados en Redondela, La Libertad de Pontevedra e correspondente de Galicia en Ponteareas. Na República colaborou en Tribuna. En setembro de 1924 marchou a Lisboa.El Tea, 14-9-1924, p. 3. Foi un autor de notable éxito popular, publicou os seus contos en El Tea, que despois foron recopilados en forma de libro. Escribiu tamén algunhas pezas teatrais.
Obras Narrativa Fungueirazos. Contos gallegos, 1916. Cóchegas. Contos gallegos, 1920. Galicia rindo, 1924. Larpeiro, coitado e mártir, 1929. Aventuras de Guan Piériz, 1934. Aturuxos. Contos gallegos, 1935. Desfile de bandoleros, 1939.
Teatro ¡Que pena tiña!. O meu Alfredo, con Telesforo Sestelo. Na casa do ciruxano, con Telesforo Sestelo (estreada o 25 de marzo de 1919). Un Home de Pau e Ferro, sainete.
Vida persoal Casou con Julia Troncoso Juanatey en 1913 e foi pai do tamén escritor e xornalista Carlos Rivero Troncoso.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Cabo Villaverde, Miguel, "Da revolución á cooperativa. Visións literarias do agrarismo galego"', in Homenaje a José García Oro. Santiago de Compostela: Universidade, 2002.
Ligazóns externas Teatro galego e construción nacional: os Cadernos da Escola Dramática Galega (1978-1994) de David García Vidal
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas das Neves Categoría:Nados nas Neves Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos