Il dissoluto punito ossia il Don Giovanni (en galego O libertino castigado ou Don Xoán) é unha ópera en dous actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto en italiano de Lorenzo da Ponte, baseado no personaxe literario de Don Juan.

Historia Foi estreada no Teatro da Ópera Italiana de Praga (actualmente denominado Teatro Estatal de Praga) o 29 de outubro de 1787O teatro é mencionado como o Teatro di Praga no libreto para a estrea de 1787 (Deutsch 1965, 302–303); para o nome actual do teatro véxase "The Estates Theatre" na páxina web do Teatro Estatal de Praga. baixo a batuta do propio compositor. O libreto de Da Ponte foi considerado por moitos na época como dramma giocoso, un termo que denota unha mestura de acción cómica e seria. Mozart incluíu a obra no seu catálogo como "opera buffa". Aínda que ás veces sexa clasificada como cómica, mestura comedia, melodrama e elementos sobrenaturais.

Como obra destacada do repertorio operístico estándar, aparece como o número sete na lista Operabase das óperas máis representadas en todo o mundo,Opera Statistics e a terceira de Mozart. Foi ademais un tema moi froitífero para escritores e filósofos.

Instrumentación 1 clavicémbalo (para recitativo) 1 mandolina 1 timbal 2 frautas 2 óboes 2 clarinetes 2 fagots 2 trompas 2 trompetas 3 trombóns Instr. de cordas: violíns (primeiros e segundos), violonchelos (para recitativo), violas e contrabaixos

Personaxes PersonajeTesituraElenco da estrea mundial o 29 de outubro de 1787Elenco da estrea de Casaglia (2005)Director: Wolfgang Amadeus MozartElenco na estrea en Viena o 7 de maio de 1788Deutsch 1965, 313Director: Wolfgang Amadeus Mozart Don Giovanni, un xove nobre extremadamente licenciosobarítonoLuigi BassiFrancesco Albertarelli Leporello, servinte de Don GiovannibaixoFelice PonzianiFrancesco BenucciBenucci foi o primeiro Fígaro en Le nozze di Figaro. Il Commendatore (Don Pedro)baixoGiuseppe LolliFrancesco Bussani Donna Anna, fixa, prometida de Don OttaviosopranoTeresa SaporitiAloysia WeberWeber, cuñada de Mozart, cantou con frecuencia nas súas obras. Don OttaviotenorAntonio BaglioniFrancesco Morella Donna Elvira, unha dama de Burgos abandonada por Don GiovannisopranoKatherina MicelliCaterina CavalieriCavalieri foi a primeira Konstanze en Die Entführung aus dem Serail. Masetto, un campesiñobaixoO papel é frecuentemente cantado por barítonosGiuseppe LolliFrancesco Bussani Zerlina, prometida de MasettosopranoCaterina BondiniAbert, Spencer, Eisen: W. A. MozartLuisa Mombelli Coro: campesiños, servintes, damas, músicos, demos

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de W.A. Mozart Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas de 1787 Categoría:Óperas estreadas en Praga