O Goberno de España é o órgano constitucional que encabeza o poder executivo do país e dirixe a Administración Xeral do Estado.
O Goberno está sometido politicamente ante o Congreso dos Deputados, a través de 3 mecanismos: a moción de confianza, a investidura e o voto de censura ao seu presidente, conforme ao parlamentarismo establecido pola Constitución de 1978. A súa regulación fundamental está nos Títulos IV e V da Constitución, e na Lei 50/1997, de 27 de novembro, do Goberno.
De acordo co artigo 97 da Constitución e o artigo 1.1 da Lei de Goberno, «o Goberno dirixe a política interior e exterior, a Administración civil e militar e a defensa do Estado. Exerce a función executiva e a potestade regulamentaria de acordo coa Constitución e as leis».
Principios A actuación do Goberno está rexida polos seguintes principios de funcionamento: Principio de dirección presidencial: O Presidente do Goberno dirixe aos Ministros e pode nomealos ou cesalos libremente. O eventual cesamento do Presidente supón o cesamento do Goberno. Principio de responsabilidade: O Presidente responde politicamente ante o Congreso dos Deputados pola actuación do Goberno. Principio de colexialidade: O Goberno, entendido como Consello de Ministros, é un órgano colexiado integrado por unha pluralidade de membros. Principio de solidariedade: O Goberno responde in solidum pola actuación de cada un dos membros do Goberno. Principio departamental: Os membros do Goberno, ademais de integrantes do devandito órgano colexiado, son tamén os titulares dos órganos departamentais encargados dunha área competencial máis ou menos homoxénea.
Composición miniatura|Goberno de Pedro Sánchez (decembro de 2018) Segundo o artigo 98 da Constitución Española e o artigo 1.2 da Lei do Goberno, o Goberno de España está composto por: O Presidente do Goberno. O Vicepresidente ou Vicepresidentes, se existen. A súa existencia é potestativa e non obrigatoria. As súas funcións son as que lles encomende o Presidente, así como substituílo na súa ausencia ou indispoñibilidade. Os Ministros. O nomeamento e cesamento realízao o Rei a proposta do Presidente do Goberno; e cesan polo mesmo procedemento. As súas funcións son as do ámbito departamental dos seus ministerios. Outros membros. Existe a posibilidade de incorporar outras figuras no goberno por lei. Con todo, esta posibilidade constitucional non foi utilizada ata hoxe.
Requisitos De acordo co artigo 11 da Lei do Goberno, "para ser membro do Goberno requírese ser español, maior de idade, gozar dos dereitos de sufraxio activo e pasivo, así como non estar inhabilitado para exercer emprego ou cargo público por sentenza xudicial firme".
Foro penal Os membros do Goberno gozan dun foro procesual penal propio, de maneira que haberán de ser xulgados pola Sala do Penal do Tribunal Supremo.Art. 102.1 da Constitución española de 1978.
A iniciación dunha causa por traizón ou contra a seguridade do Estado só poderá responder á iniciativa dunha cuarta parte do Congreso dos Deputados, aprobada pola maioría absoluta do mesmo, non podendo ser concedido o indulto en tales supostos.Art. 102.2 da Constitución española de 1978.Art. 103.3 da Constitución española de 1978.
O Goberno de España na XV Lexislatura (novembro de 2023 en adiante) A composición do Goberno de España durante a XV Lexislatura é o seguinte: Presidente do Goberno: Pedro Sánchez Vicepresidenta primera e ministra de Economía, Comercio e Empresa, Nadia María Calviño Santamaría. Vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz Pérez. Vicepresidenta tercera e ministra para a Transición Ecolóxica e ol Reto Demográfico, Teresa Ribera Rodríguez. Vicepresidenta cuarta e ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero Cuadrado. Ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares. Ministro da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños. Ministra de Defensa, Margarita Robles. Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska. Ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente. Ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes; e voceira do Gobierno, Pilar Alegría. Ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu. Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas. Ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres. Ministra de Vivienda e Axenda Urbá, Isabel Rodríguez. Ministro de Cultura, Ernest Urtasun. Ministra de Sanidade, Mónica García. Ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, Pablo Bustinduy. Ministra de Ciencia, Innovación e Universidades, Diana Morant. Ministra de Igualdade, Ana Redondo. Ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz. Ministro de Transformación Dixital, José Luis Escrivá. Ministra de Xuventude e Infancia, Sira Rego.
Organización Os membros do Goberno reúnense en Consello de Ministros e en Comisións Delegadas do Goberno.
Contémplanse tamén diversos órganos de colaboración e de apoio do Goberno no Capítulo II do Título I da Lei do Goberno, concretamente os Secretarios de Estado, a Comisión Xeral de Secretarios de Estado e Subsecretarios, o Secretariado do Goberno e os Gabinetes.
Consello de Ministros O Consello de Ministros é o órgano colexiado plenario do Goberno. Reúne a todos os membros do Goberno (Presidente, Ministros, e en caso de existir, Vicepresidentes e Ministros sen Carteira), podendo ser convocados os Secretarios de Estado.Art. 5.2 Lei 50/1997, de 27 de novembro, do Goberno.
Dada a súa composición, o Consello de Ministros adoita identificarse co propio Goberno, ostentando ademais unha natureza dual (de elo) como órgano de Goberno e como órgano Administrativo. Isto último levou á xurisprudencia constitucional a soster a teoría do "acto de Goberno" (rexido pola oportunidade política), fronte ao "acto administrativo" (que aínda podendo ser discrecional, é xudicializable).
Comisións Delegadas do Goberno As Comisións Delegadas do Goberno son órganos colexiados reducidos, que se crean e suprimen por Real Decreto do Consello de Ministros, a proposta do Presidente do Goberno.Art. 6.1 Lei 50/1997, de 27 de novembro, do Goberno.
O devandito Real Decreto haberá de recoller os membros do Goberno que integran a Comisión Delegada (podendo incluírse Secretarios de Estado), nomeando a un Presidente e a un Secretario, e determinando as funcións que desenvolverá o órgano.Art. 6.2 Lei 50/1997, de 27 de novembro, do Goberno.
Haberán de preparar as propostas a realizar no Consello de Ministros, cando estas requiran a intervención conxunta de varios Ministerios. Tamén teñen entre as súas funcións a de resolver os asuntos, que a pesar de afectar a varios Ministerios, non requiren da intervención de todos eles, desconxestionando así o labor do Consello de Ministros. Finalmente, encargaranse de coordinar a actuación conxunta dos Ministerios que a integren, así como de examinar as cuestións de carácter xeral que teñan relación con varios dos seus Departamentos Ministeriais.Art. 6.4 Lei 50/1997, de 27 de novembro, do Goberno.
A regulación do órgano sitúase na Lei de Goberno, esixindo para a súa modificación, creación e supresión un Real Decreto do Consello de Ministros a proposta do Presidente do Goberno.
A presidencia de toda Comisión Delegada recae no Presidente do Goberno ou nos seus Vicepresidentes. De maneira excepcional, incluíuse como membro dunha Comisión Delegada do Goberno a un Alto Cargo sectorial.
Presidente do Goberno Trátase da maxistratura con maior poder político efectivo do Estado. É o membro máis importante do Goberno, sendo ademais o encargado de nomear e destituír á súa libre disposición a ministros e vicepresidentes. A confianza do Congreso dos Deputados de España élle outorgada a el persoalmente, tendo por iso unha autoridade moi ampla dentro do Executivo.
O artigo 98.2 da Constitución do 1978 afirma que o Presidente do Goberno "dirixe a acción do Goberno e coordina as funcións dos demais membros do mesmo, sen prexuízo da competencia e responsabilidade directa destes na súa xestión". Xunto cunha ampla gama de funcións de carácter constitucional, a súa tarefa de cara á Administración Pública vén enumerada no artigo 2 da Lei de Goberno, que lle encarga a determinación orgánica e funcional do Goberno, a representación deste e da súa política, e a dirección e coordinación dos membros do equipo de Goberno.
Así, no referente á estruturación orgánica e funcional do Goberno, o Presidente, segundo dita o artigo 2.2.j da Lei 50/1997, de 27 de novembro, do Goberno, será o encargado de "crear, modificar e suprimir, por Real Decreto, os Departamentos Ministeriais, así como as Secretarías de Estado". Tamén decide que persoas ocuparán os Ministerios e as Vicepresidencias, que serán nomeados formalmente polo Rei a proposta do Presidente. Cabe destacar que se trata dun "acto regulado" do Rei, en canto á imposibilidade constitucional que ten o monarca para oporse ou modificar tal proposta, quedando vinculado por completo á vontade expresada polo Presidente do Goberno.
Doutra banda, representa ao Goberno e a súa política nas relacións que este manteña co resto de órganos constitucionais, de maneira que a actuación do Presidente poderá facer xurdir unha eventual responsabilidade xurídica do Goberno ao que representa. De novo, trátase dunha función lexitimada polo vínculo de confianza directo existente entre o Presidente e o Congreso dos Deputados, e non entre o propio Goberno e a Cámara Baixa.
Finalmente, a función máis importante do Presidente do Goberno consiste en dirixir a actuación de cada un dos membros do Goberno, así como deste no seu conxunto. Así, no plano formal, segundo o artigo 2.2.g LGob, atribúeselle a competencia para "convocar, presidir e fixar a orde do día das reunións do Consello de Ministros...". Igualmente, no plano material, é o encargado de establecer un programa político sobre o que o Congreso dará a súa confianza na sesión de investidura, segundo o que se desprende do artigo 99.2 da Constitución: "O candidato proposto conforme ao previsto no apartado anterior exporá ante o Congreso dos Deputados o programa político do Goberno que pretenda formar e solicitará a confianza da Cámara. No mesmo sentido, será responsable da execución de tal programa, para o que poderá dar instrucións aos membros do Goberno, supervisar o cumprimento de obxectivos, determinar prioridades e garantir a coherencia da actuación do conxunto de ministerios, tal e como se desprende do apartado m) do artigo 2.2 LGob".
Presidente Partido Mandato 1. Adolfo Suárez UCD 2 de abril de 1979 - 26 de febreiro de 1981 (I Lexislatura) 2. Leopoldo Calvo-Sotelo UCD 26 de febreiro de 1981 - 2 de decembro de 1982 (I Lexislatura) 3. Felipe González PSOE 2 de decembro de 1982 - 5 de maio de 1996 (II, III, IV e V Lexislaturas) 4. José María Aznar PP 5 de maio de 1996 - 17 de abril de 2004 (VI e VII Lexislaturas) 5. José Luís Rodríguez Zapatero PSOE 17 de abril de 2004 - 21 de decembro de 2011 (VIII e IX Lexislaturas) 6. Mariano Rajoy PP 21 de decembro de 2011 - 2 de xuño de 2018 (X, XI e XII Lexislaturas) 7. Pedro Sánchez PSOE 2 de xuño de 2018 - Actualidade (XII, XIII, XIV e XV Lexislaturas)
Vicepresidente do Goberno A vicepresidencia, ou vicepresidencias no seu caso, é un órgano de existencia puramente eventual e de carácter esencialmente persoal, que se extingue se cesa a persoa que o ostenta, e que pode combinarse coa condición de ministro. O Presidente do Goberno proporá ao rei libremente o número de vicepresidencias, así como os seus titulares, e no mesmo sentido. O Rei noméaos e separa (artigo 100 da Constitución española de 1978).