miniatura|dereita|O ciclón tropical Floyd sobre o mar de Timor en 2006 O mar de Timor (en indonesio: Laut Timor) é un mar do límite do océano Índico situado entre a illa de Timor (hoxe dividida entre os estados de Indonesia e Timor Leste) e Australia.

Xeografía O mar de Timor ten uns 480 km de ancho, en dirección L-O, cubrindo unha área duns 610.000 km². O seu punto máis profundo é a fosa de Timor na zona norte do mar, cunha profundidade de 3.300 m. O resto do mar é moito menos profundo, sendo a súa profundidade media de menos de 200 m, estendéndose sobre a plataforma Sahul, parte da plataforma continental australiana. O mar de Timor limita polo leste co mar de Arafura e polo norte co mar de Banda e o mar de Savu.

O mar posúe un número de illas significativas, entre as que se contan Illa Melville, localizada lonxe da costa australiana, e as illas Ashmore e Cartier, baixo goberno australiano. Crese que os primeiros poboadores que chegaron a Australia fixérono viaxando de illa en illa a través do mar de Timor.

O mar de Timor ten dúas importantes entradas na costa norte de Australia: o golfo Xosé Bonaparte, na honra do irmán de Napoleón Xosé I de España, e o golfo Van Diemen. A cidade australiana de Darwin é a única cidade importante que se atopa sobre este mar.

O mar é unha zona de formación de tormentas tropicais e tifóns.

Reservas de hidrocarburos Baixo o mar de Timor existen importantes reservas de petróleo e gas. O campo de gas de «Greater Sunrise» é o maior campo existente no mar de Timor e prognostícase que lle podería reportar a Timor Leste grandes beneficios.

Australia e Timor Leste tiveron unha longa disputa sobre os dereitos de explotación de petróleo e gas nunha zona chamada o Timor Gap. A reclamación territorial australiana esténdese até o eixe barimétrico (a liña de maior profundidade do fondo mariño) na fosa de Timor. Esta reclamación superponse nalgunhas partes coa reclamación territorial de Timor Leste, que segue a liña de reclamación de Portugal cando Timor era unha colonia portuguesa, que argumenta que a liña divisoria debe ser a liña equidistante entre ambos países.

Delimitación da IHO

A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares para os efectos de navegación marítima, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Timor como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, Limits of oceans and seas (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 48 (i) e defíneo do seguinte xeito:

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas East Timor is protective of oil, gas industry Páxina oficial do Foro experto dos mares de Arafura e Timor (ATSEF)

Categoría:Mares do Océano Índico Categoría:Xeografía de Australia Categoría:Indonesia Categoría:Timor Leste