O mar de Arafura é un brazo pouco profundo do océano Pacífico que cobre a plataforma continental entre Australia e Nova Guinea.
Xeografía O mar de Arafura está arrodeado, ao leste, polo estreito de Torres e a través del comunícase co mar de Coral; ao sur, polo golfo de Carpentaria; ao oeste, polo mar de Timor; e, ao noroeste, polo mar de Banda e o mar de Ceram. Cunha superficie duns 700.000 km2, ten unha lonxitude duns 1290 km e un ancho de 560 km e unha profundidade entre 50 e 80 m, aumentando cara ao oeste. Ao ser un mar tropical pouco profundo, as súas augas son propicias para a formación de ciclóns tropicais.
O mar atópase sobre a plataforma mariña de Arafura, parte da plataforma de Sahul. Durante a última era glacial ao ser moi baixo o nivel do mar, a plataforma de Arafura, o golfo de Carpentaria e o estreito de Torres formaban unha gran ponte de terra que conectaba Australia e Nova Guinea, facilitando a migración dos humanos desde Asia cara a Australia. Estas masas de terra combinadas reciben o nome de continente de Sahul.
É potencialmente un sitio adecuado para a pesca de demersais, animais que viven no fondo mariño. Posto que posúe un gran ecosistema mariño, no 2002, creouse o Foro experto dos mares de Arafura e Timor (polas súas siglas en inglés: ATSEF) para promover unha xestión sostible dos mesmos tanto desde un punto de vista económico como en canto do coidado do medio ambiente.
Delimitación da IHO
A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Arafura como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, Limits of oceans and seas (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asínalle o número de identificación 48h e defíneo do seguinte xeito:
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do Foro experto dos mares de Arafura e Timor (ATSEF)
Categoría:Mares do Océano Pacífico Categoría:Xeografía de Indonesia Categoría:Xeografía de Papúa-Nova Guinea Categoría:Xeografía de Australia