miniatura|240px|Prionailurus bengalensis. miniatura|240px|Ocelote (Leopardus pardalis). miniatura|240px|Caracal (Caracal caracal). miniatura|240px|Otocolobus manul, antes Fels manul.

A dos felinos (Felinae) é unha subfamilia de mamíferos carnívoros, a máis importante das dúas que integran a familia dos félidos, xa que inclúe 13 dos 18 xéneros desta.

Distribución Os representantes desta subfamilia áchanse amplamente distribuídos por todo o mundo e só faltan de forma natural nas rexións polares, Madagascar, Australia e algunhas illas oceánicas.

O gato doméstico, pertencente a esta subfamilia, foi introducido en varios destes lugares de forma voluntaria ou involuntaria, converténdose facilmente en bravo (asilvestrado) e causando un grave impacto entre as faunas endémicas.

Características

Os felinos alcanzan tamaños comprendidos entre os 50–60 cm do gato de patas negras (Felis nigripes) e os case 2 m que pode acadar o representante máis grande, o puma (Puma concolor).

Todos son eficientes cazadores dotados de garras totalmente retráctiles (agás o guepardo), pero son incapaces de ruxir como os membros da subfamilia dos panterinos porque, ao contrario que estes, teñen unha garganta totalmente osificada.

Todas as especies son solitarias, aínda que algunhas toleran con maior facilidade que outras a presenza doutros membros da súa especie no seu territorio.

En catividade producíronse con éxito diferentes tipos de híbridos, tanto dentro dun mesmo xénero e tamén, máis raramente, entre xéneros distintos. Logrouse cruzar o puma con éxito incluso cun membro da outra subfamilia (a dos panterinos), o leopardo, producindo uns híbridos chamados pumapardos. Os descendentes destes cruces son estériles en todos os casos.

Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1817 polo anatomista e paleontólogo alemán, nacionalizado ruso, Johann Fischer von Waldheim, en Mém. Soc. Imp. Nat. Moscow, 5: 372.

Etimoloxía O nome científico Felinae, está formao polo elemento fel-, raíz do seu xénero tipo, Felis, coa adición do sufixo -ĭnae, propio das subfamilias de animais.

Clasificación Subfamilia Felinae Fischer de Waldheim, 1817.Wilson, Don E. & Reeder, Dee Ann M., eds. (2005): Felinae en Mammal Species of the World.

Xénero Acinonyx Brookes, 1828 Acinonyx jubatus Schreber, 1775 - guepardo Xénero Caracal Gray, 1843 Caracal caracal (Schreber, 1776) - caracal. Véxase máis abaixo "Unha taxonomía moi discutida: Caracal e Profelis". Xénero Catopuma Severtzov, 1858 Catopuma badia Gray, 1874 - gato vermello de Borneo Catopuma temminckii Vigors & Horsfield, 1827 Xénero Felis Linnaeus, 1758 Felis bieti Milne-Edwards, 1892 - gato chinés do deserto, gato montés chinés ou gato de Biet. Felis catus Linnaeus, 1758 - gato doméstico; a UICN considérao unha subespecie de Felis silvestris (Felis silvestris catus).<ref>Sanderson, J.; Mallon, D.P.; Driscoll, C.; Breitenmoser, U. & Breitenmoser-Wursten, C. (2008): Felis silvestris ssp. catus na Lista Vermella da IUCN. Versión do 2010.4</ref> Felis chaus Schreber, 1777 - gato selvático, gato da xungla ou gato do pantano Felis margarita Loche, 1858 - gato do deserto Felis nigripes Burchell, 1824 - gato de pés negros Felis silvestris Schreber, 1775 - gato montés eurasiático Xénero Leopardus Gray, 1842 Leopardus braccatus Cope, 1889 - gato do Pantanal Leopardus colocolo Molina, 1782 - gato colocolo Leopardus geoffroyi - gato montés suramericano ou gato de Geoffroy Leopardus guigna - kodkod ou huíña Leopardus jacobitus - gato de montaña ou gato andino Leopardus pajeros - gato das pampas ou gato palleiro Leopardus pardalis - ocelote Leopardus tigrinus - leopardo tigre Leopardus wiedii - tigrillo, margai Xénero Leptailurus Leptailurus serval - serval Xénero Lynx Lynx canadensis - lince do Canadá Lynx lynx - lince boreal Lynx pardinus - lince ibérico Lynx rufus - lince vermello ou gato montés de Norteamérica Xénero Otocolobus Otocolobus manul Xénero Pardofelis Pardofelis marmorata - gato xaspeado Xénero Prionailurus Prionailurus bengalensis Prionailurus bengalensis iriomotensis - gato de Iriomote Prionailurus planiceps - gato de cabeza plana Prionailurus rubiginosus - gato ferruxento Prionailurus viverrinus - gato pescador Xénero Profelis Severtzov, 1858 - Discutido nos últimos anos por numerosos autores. Véxase máis abaixo. Profelis aurata (Temminck, 1827) - Reclasificado hoxe por numerosos autores como Caracal aurata. Véxase máis abaixo. Xénero Puma Puma concolor - puma Puma yagouaroundi Geoffroy Saint-Hilaire, 1803 - xaguarundi ou gato lontra

Unha taxonomía moi discutida: Caracal e Profelis Durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, o caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.Caracal caracal no MSW.Caracal Gray, 1843 no ITIS. Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse a Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.Ray, J. & Butynski, T. "Profelis aurata". In: J. S. Kingdon et al., eds. (2013): Mammals of Africa. Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4081-2257-0. Consultado o 14 de outubro de 2018.

Pero datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e Caracal aurata están intimamente ligados.Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J., Antunes, A.; Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006): "The late Miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment". Science 311: 73-77. Consultado o 14 de outubro de 2018. E análises xenéticas moi recentes mostraron que o caracal, Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal. Consultado o 14 de outubro de 2018.

Este criterio foi aceptado polos autores da lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) para Caracal aurata. Polo tanto, segundo a UICN, o xénero comprede estas dúas especies: Caracal aurata Caracal caracal - o caracal

Porén, aínda hoxe moitos autores recoñecen a Profelis como xénero independente.

Filoxenia Árbore filoxenética dos xéneros da subfamilia dos Felinae.Stephen O'Brien & Warren Johnson (2008): "L'évolution des chats". Pour la science| 366. Base adp en W. Johnson et al. (2006): "The late Miocene radiation of modern felidae: a genetic assessment". Science 311 e C. Driscoll et al (2007): "The near eastern origin of cat domestication". Science 317La famille des chats

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Seidensticker, John & Susan Lumpkin (1991): Great Cats. Majestic Creatures of the Wild. Emmaus, Pensilvania, USA: Rodale Books, Inc. ISBN 978-1-875137-90-9. Wilson, Don E. & Reeder, Dee Ann M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Carnívoros Félidos

Ligazóns externas Felinae. Small cats ('gatos pequenos') na ADW. Felinae en Tree of Life. Felinae no NCBI.