O Brynäs IF é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Gävle, Gästrikland (Suecia). O club polideportivo foi fundado o 12 de maio de 1912, mais non foi ata 1939 cando comezou a andaina da sección de hóckey sobre xeo, a sección máis exitosa do club. Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco, a SHL, competición que gañou en 13 ocasións (6 dende que a competición adoptou a denominación actual), sendo un dos equipos máis laureados de Suecia. Xoga os seus partidos como local no Läkerol Arena, un pavillón con capacidade para 8.265 espectadores.

Palmarés 16 Le Mat Trophy: 1964, 1966, 1967, 1968, 1970, 1971, 1972, 1976, 1977, 1980, 1993, 1999, 2012

Xogadores Números retirados 6. Tord Lundström 26. Anders Huss

Véxase tamén Outros artigos

Brynäs IF Dam Ligazóns externas

Sitio web oficial do Brynäs IF

Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Suecia