Beacon 1 e Beacon 2 foron dous satélites artificiais estadounidenses que fallaron en alcanzar órbita.
Características Ambos satélites eran esferas de plástico fino e de 12 metros de diámetro unha vez inchadas e duns 4,5 kg de masa. A finalidade de ámbolos dous era estudar a densidade das capas altas da atmosfera. Antes dos intentos de lanzamentos orbitais, o sistema de inchado foi probado en ata cinco voos suborbitais mediante foguetes Nike Cajun.
Beacon 1 Beacon 1 foi lanzado mediante un foguete Juno 1 o 23 de outubro de 1958, pero as etapas superiores separáronse da primeira etapa antes de que esta finalizara a súa combustión, polo que non alcanzaron órbita.
Beacon 2 Beacon 2 foi lanzado mediante un foguete Juno 2 o 14 de agosto de 1959. O esgotamento prematuro do propelente da primeira etapa produciu un fallo das etapas superiores, polo que tampouco se alcanzou órbita.
Notas
Categoría:Satélites artificiais