Pai ou Paio Soares de Taveirós foi un trobador da primeira metade do século XIII, descendente da baixa nobreza galega, sería irmán de Pero Velho.
Obra É o autor da célebre "Cantiga da Ribeirinha" (No mundo non me sei parella), inspirada en elementos latinos e mozárabes e que se considerou durante moito tempo a primeira obra poética en galego-portugués aínda que na actualidade perdeu o seu estatuto de cantiga coñecida máis antiga en favor dunha obra do trobador João Soares de Pávia. É unha cantiga de amor chea de ironía, por iso moitos autores pasaron a considerala como unha cantiga satírica, o que provocou unha certa controversia entre os partidarios dun e doutro sentido da mesma, sobre todo no que se refire ao personaxe a quen vai dirixida, unha filla de Pai Moniz, que durante moito tempo se identificou con María Pais Ribeiro, a célebre Ribeirinha, amante do rei portugués Sancho I, a pesar de que a existencia na época de varias personalidades chamadas Pai Moniz ou Paio Moniz, así como a orixe galega de Paio Soares, parece debilitar esta hipótese.
Das que se teña constancia na actualidade é autor de 6 cantigas de amor, 3 cantigas de amigoRip Cohen. 500 Cantigas d’Amigo, edição crítica/critical edition. Porto: Campo das Letras, 2003 e 2 tenzóns con Pero Velho e Martin Soarez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Trobadores en galego-portugués Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes