As linguas otomangueanas constitúen unha extensa familia lingüística que abrangue varios grupos de linguas amerindias faladas entre o centro de México e Nicaragua, aínda que só sobreviven as linguas otomangueanas que se falan no territorio mexicano. O maior número de falantes desta familia atópase no estado de Oaxaca, os falantes de zapoteco e de mixteco suman xuntos cerca de 1,5 millóns de persoas (case a terceira parte da poboación oaxaqueña). O número total de falantes de todas as variedades xuntas supera os dous millóns.
No Altiplano, as linguas oto-pameanas pertencentes a esta familia contan cunha importante presenza en estados como Hidalgo, Querétaro, México, San Luis Potosí, Tlaxcala, Puebla e Guanajuato, onde existen importantes comunidades falantes de otomí e mazahua, así como pequenos núcleos que conservan outros idiomas desta rama, incluídos o chichimeca, tlahuica, matlatzinca e pame.
Varias linguas otomangueanas encóntranse en perigo de extinción, entre elas, as últimas catro mencionadas no parágrafo anterior. Como exemplo, o ixcateco e o matlatzinca contan cunhas poucas centenas de falantes. Grupos completos, como o mangueano, xa desapareceron.
Historia
A familia lingüística otomangueana está presente no sur de México desde polo menos o ano 2000 a. C., aínda que probablemente esta presenza se estenda varios milenios máis atrás no pasado.Kaufman & Justeson, 2009. Empregando o controvertido método glotocronolóxico, propúxose que a data aproximada de ruptura do protootomangueano ocorreu arredor do ano 4400 a. C.Campbell (1997, p.159) Suxeriuse que a urheimat otomangueana é o val de Tehuacán (sueste de Puebla), polo que puido estar relacionada con algunhas da culturas neolíticas máis antigas de Mesoamérica.
Aínda que a respecto da localización da urheimat otomangueana hai algunha controversia, parece existir consenso sobre que a cultura de Tehuacán, que se desenvolveu entre o 5000 e 2300 a. C., é expresión arqueolóxica de pobos de fala otomangueana. A análise do vocabulario asociado á agricultura tamén é indicadora de que os pobos que falaron o protootomangueano tiveron unha participación relevante na domesticación do millo e outros cultivos, xunto cos falantes de protomixezoque e protomaia.Bellwood, 2005: 235-239.
A longa historia da familia otomangueana deu como resultado unha notable diverxencia lingüística entre os grupos que a compoñen. Terrence Kaufman compara o nivel de diferenciación que existe entre as ramas do tronco otomangueano co que se observa entre os principais grupos das linguas indoeuropeas.Kaufman & Justeson 2009:227 Ademais, propón que as linguas otomangueanas poden ser a orixe de varios trazos lingüísticos que se presentan nos idiomas da área lingüística mesoamericana.
Clasificación
Historia dos estudos sobre as linguas otomangueanas
A familia otomangueana está composta de sete ramas: amuzga, chinanteca, mixteca, otopame, popoloca, tlapaneca e zapoteca. A elaboración da descrición desta familia foi un gran logro da lingüística comparativa e histórica. A agrupación destas sete ramas en grupos que engloben varias ramas, incluíndo o intento representado no cadro de abaixo, non ten moito acordo. De feito, varios autores presentaron reconstrucións intermedias baseadas en 2 ou 3 ramas, pero non está claro por exemplo que existira un proto-otomangueano oriental fronte a un proto-otomangueano occidental. A reconstrución do sistema fonolóxico do proto-otomangueano a partir das sete familias e sen tratar de reconstruír todos os grupos intermedios foi realizada por Rensh (1966).Rensch, 1966, capítulo 2
dereita|miniatura|250px|Localización das linguas otomangueanas que se falan na actualidade.
No século XIX, Manuel Orozco y Berra (1864) propuxera o parentesco das linguas zapotecas e as linguas mixtecas, incluíndo nesta proposta o cuicateco, o chocho e o amuzgo. Este mesmo autor encontrou un parentesco entre o otomí e o mazahua. Pouco despois, Pimentel (1865, 1874) engadiu ás anteriores o mazateca, o popoloca, o chatino e o chinanteco ao zapoteco-mixteco e relacionou o pame co otomí-mazahua. Daniel Brinton (1891) suxeriu que o chichimeca-jonaz e o pame estaban relacionados co otomí-mazahua. Así, a principios de século XX, recoñecéranse dous grupos relacionados, o grupo otopame e o grupo zapoteco-mixteco-amuzgo-popoloca.
A principios do século XX, Lehman (1920) engadiu o grupo chiapaneco-mangue e reorganizou os parentescos internos do otomangueano oriental. Jacques Soustelle (1935) estudou sistematicamente o grupo otopame así como o agrupamento interno. En 1926, Schmidt relacionou tentativamente o chiapaneco-mangue e o oto-pame e acuñou o termo otomí-mangue para a familia. Mais foi Sapir (1929) o primeiro autor que relacionou definitivamente o oto-pame-chiapaneco e o mixteco-zapoteco-amuzgo-popoloca, nunha forma equiparable ao moderno agrupamento, excepto polo feito de que o traballo de Suárez (1977) sobre o tlapaneco (me'phaa) e o subtiaba probou que estas linguas estaban relacionadas co resto do otomangueano máis que coas linguas hokanas como Sapir propuxera.Suaréz, Jorge, 1977, El Tlapaneco como lengua Otomangue, (ms) DF. UNAM, Mexico. Swadesh incluíu o huave como lingua otomangueana, que actualmente se considera illada.
A partir de 1950 empezou o traballo reconstrutivo. O proto-otopame foi reconstruído por Doris Bartholomew, o proto-zapoteco por Morris Swadesh e o proto-chiapaneco-mangue por Fernández de Miranda e Roberto Weitlaner. A primeira proposta para o proto-otomangueano reconstruído é de Longacre (1957), e foi posteriormente revisado por el mesmo e Rensch.
Clasificación interna
Clasificación das linguas otomangueanas Familia Grupos Lingua Territorio Linguas otomangueanas Otomangueano occidental Oto-pame-chinantecano Oto-pameano Otomí Centro de México Mazahua Estado de México Matlatzinca Tlahuica Pame Jonaz Guanajuato, San Luis Potosí Chinantecano Chinanteco Oaxaca e Veracruz Tlapaneco - mangueano Tlapanecano Tlapaneco Guerrero Sutiaba (†) Honduras Mangueano Chiapaneco (†) Chiapas Mangue (†) Nicaragua Chorotega (†) Costa Rica Otomangueano oriental Popoloca-Zapotecano Popolocano Mazateca Oaxaca e Veracruz Ixcateco Oaxaca Chocho Oaxaca Popoloca Puebla Zapotecano Zapoteco Oaxaca Chatino Oaxaca Papabuco Oaxaca Solteco Oaxaca Amuzgo - mixtecano Amuzgo Amuzgo Oaxaca e Guerrero Mixtecano Mixteco La Mixteca Cuicateco Cañada de Cuicatlán Triqui Oaxaca
Características comúns Todas as linguas otomangueanas son tonais, e en moitas delas a nasalización ten un papel fonémico. Morfoloxicamente, o nome é relativamente simple, sendo o verbo a parte máis complexa da oración.
Fonoloxía O sistema fonolóxico do proto-otomangueano tal como foi reconstruído por Rensch é relativamente simple. Constaría de 9 consoantes, 4 vogais e 4 tons. O seguinte cadro resume os fonemas do proto-otomangueano:Rensch, 1966 alveolar palatal velar lab-vel glotal oclusiva fricativa sonorante vogal pechada vogal aberta É de destacar a ausencia de consoantes labiais. En moitas ramas o fonema derivado // deriva do labiovelar //. Tamén convén notar a ausencia de oposición entre fonemas xordos e sonoros, que foi desenvolvida secundariamente noutras linguas otomangueanas (ás veces a partir de secuencias de nasal + oclusiva, ás veces doutras fontes). A seguinte táboa resume algúns dos cambios fonéticos principais que caracterizan as diferentes pólas do otomangueano:
proto-otomangueano proto-mixtecano Amuzgo proto-popolocano proto-zapotecano Proto--mangueano Proto-otopameano Proto-chinanteco Zapoteco , Chatino
Morfoloxía As linguas otomangueanas non teñen inflexión no nome, aínda que admiten prefixos posesivos e clíticos para indicar o plural. Nalgunhas linguas a forma dos pronomes distingue entre persoa, animal ou cousa; isto pode considerarse unha distinción de xénero gramatical semanticamente determinado.
Existen poucos sufixos derivativos, sendo a composición o procedemento morfolóxico máis común para formar novas palabras.
En canto ao aliñamento morfosintáctico non existe coherencia ao largo da familia. Algunhas linguas mostran un tipo ergativo-absolutivo (o chinanteco e o tlapaneco), outras un tipo activo-inactivo (o chocho, o matlatzinca e probablemente o chiapaneco) e outras non mostran evidencia clara (mixteco, zapoteco) Non existe casos de claros de aliñamento nominativo-acusativo.T. Kaufman, "Oto-Mangean Languages", en Concise Encyclopedia of Languages of the World, ISBN 978-0-08-087774-7
Sintaxe Sintacticamente, a maioría das linguas otomangueanas teñen a orde básica de frases VSO. Nun bo número delas, o modificador segue ao modificado e o complemento sintáctico vai detrás do núcleo que o require.
Léxico comparado Diversos autores construíron listas de cognados dalgúns centenares de termos. Mais moitas desas listas, aínda que conteñen algunhas correspondencias regulares, están cheas de irregularidades, aumentos prefixados e sufixados que fan que as correspondencias sexan bastante inexactas. Polo que no estado actual, as linguas otomangueanas deben ser consideradas como unha macrofamilia tentativa. Os numerais seguintes mostran a diverxencia do léxico:Otomanguean numerals (Metaverse) GLOSA OM oriental OM occidental PROTO-OM PROTO-MIXTECO PROTO-AMUZGO PROTO-POPOLOCANO PROTO-ZAPOTECANO PROTO-MANGUE PROTO-OTOPAME PROTO-CHINANTECO PROTO-TLAPANECANO 1 ĩĩ *kwi *hnku *ti-kéʔ *-ʔná *kãu *-mba1 2 *u-wi *we *yu-hu *tukw *hau- *yo-hũ *tũ *-hma3 *-hyu 3 *u-ni *ndye *ni-he *tsna- *ha- *ʔyũ *ʔni *-tsu4 *ʔni- 4 *kumi ñeke *ñũhũ *takw- *a-hwa *ki-hũ *kyũ *-ko3 5 *ʔũ *ʔon *ñũ-ʔũ *kayuʔ *hau-mu-he *kĭtʔa *ʔŋya *wi2tsu3 6 *iñu *yon *ʃhãu (?) *skwa *ha-mba- *ʔná-ʔtó *hŋyu *ma2hu2 7 *u-kyaʔ (?) *ntykeʔ *yãtu *kati *ndi- *yo-tó *gya(u) *kya(tV) 8 *u-ña *ñe *ʃnĩ *snu *sa-hu *hñã-tó *hŋya *(h)ña- *hña (?) 9 ĩ `ĩ ` *ñhe *ña(hã) *kaʔ *-li *kí-tó *ŋyu 10 *kyi *ki *te *tii *hee-nda *gya *gu3wa3 Entre os cognados amplamente estendidos está *rini 'sangue, carne crúa' (otomí ngi 'carne', matlatzinca ríní 'carne', chatino tnẽ21 'sangue', zapoteco rini 'sangue', mixteco ñiñi 'sangue').
Notas
Véxase tamén Outros artigos Linguas de México Bibliografía
Ligazóns externas Oto-manguean numerals
Categoría:Linguas de México Categoría:Linguas aglutinantes