Abigail Wahiʻikaʻahuʻula Campbell Kawānanakoa, nada o 1 de xaneiro de 1882 en Honolulu (Oahu) e finada o 12 de abril de 1945 na mesma cidade, foi unha política e princesa hawaiana.

Traxectoria Naceu no mesmo cuarto da mansión da rúa Emma que fora o lugar de nacemento da princesa Kaʻiulani. O seu pai era James Campbell, un dos industrialista máis ricos do Reino de Hawai. A súa nai era en parte hawaiana Abigail Kuaihelani Maipinepine Bright.

Graduouse no College of Notre Dame en Belmont, California, en 1900, onde se converteu do anglicanismo, a relixión dos seus pais, ao catolicismo romano. O 6 de xaneiro de 1902, en virtude do seu matrimonio co príncipe David Laʻamea Kahalepouli Kawānanakoa Piʻikoi, pasou a ser coñecida como a princesa Abigail.

O príncipe David foi un dos herdeiros de Kalākaua, monarca do Reino de Hawai'i xunto coa princesa Victoria Ka'iulani e a irmá de Kalakaua, entón princesa herdeira Liliʻuokalani. O príncipe David morreu de pneumonía en 1908. Ela e o príncipe David tiveron tres fillos; David Kalākaua Kawananakoa, Abigail Helen Kapi'olani Kawananakoa e Lydia Lili'uokalani Kawananakoa.

Tras a morte do seu cuñado, o príncipe Jonah Kūhiō Kalanianaʻole, en 1922, a princesa Abigail converteuse na líder de todos os hawaianos nativos e participou activamente na política de Hawai como a súa defensora. Tamén asumiu o papel de herdeira ao trono mentres os hawaianos nativos continuaban a rezar polo regreso da súa soberanía. A diferenza do seu cuñado, o príncipe Kūhiō, a princesa Abigail era unha republicana devota e traballou para perseguir os seus ideais. En 1924 converteuse en membro do comité nacional republicano de Hawai e exerceu nese cargo durante doce anos. A súa prominencia no escenario nacional converteu á princesa Abigail nun modelo a seguir para as mulleres de Hawai.

Morreu na súa casa de Honolulu o 12 de abril de 1945.

Notas

Categoría:Dinastía Kawānanakoa Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Nados en Honolulu, Hawai