Gabriel Alonso Aristeaguirre, nado en Hondarribia (Guipúscoa) o 9 de novembro de 1923 e finado na mesma vila o 19 de novembro de 1996, foi un futbolista vasco que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria Aínda que a gran parte da súa traxectoria futbolística transcorreu no Celta de Vigo e Real Madrid, tamén defendeu as cores do Real Unión de Irún e o Racing de Ferrol.

Gabriel Alonso chega ao Celta procedente de Ferrol na tempada 1946-47, a súa estancia en Vigo coincide cunha etapa de grande esplendor do equipo celeste, especialmente na tempada 1947-48 na que remata a Liga na cuarta posición e acada o subcampionato da Copa. Precisamente na final da mesma tivo que ocupar a posición de gardameta trala lesión de Simón e xa que non se permitia cambio naquela época. Nesta época Gabriel formou unha das mellores liñas medias de España, xunto con Leonardo e Miguel Muñoz.

Nesta época realiza a súa participación coa Selección española de fútbol máis importante, no Mundial de Fútbol Brasil 1950, España gaña por primeira vez a Inglaterra por 1-0 con gol de Zarra en Maracaná, rematando o combinado na cuarta posición.

Debido á difusión que lle deu o réxime ditatorial de Francisco Franco, o gol acadou unha gran sona, e Gabriel Alonso como iniciador da xogada contravindo as indicacións do adestrador encumbrado como futbolista.

Na tempada 1948/49 mete presión para fichar polo Real Madrid que estaba interesado nel, pero non conseguiría o traspaso ata dous anos despois, xunto con outro céltico, Sobrado.

No equipo madrileño asistiu á chegada de Alfredo Di Stéfano, aínda que non puido desfrutar da grande época de esplendor do equipo merengue puido participar na conquista dunha Liga na tempada 1853/54.

Tras tres anos na disciplina madridista é traspasado ao Málaga CF e ao cabo dun ano ao Rayo Vallecano, onde se retirará definitivamente.

Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Xogadores do Real Unión Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Nados en Hondarribia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1950