Kosmos 119 (Космос 119 en ruso), tamén denominado DS-U2-I Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 24 de maio de 1966 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.

Características Kosmos 119 foi o primeiro membro do modelo de satélites DS-U2-I. Estaba adicado a facer observacións da ionosfera terrestre e investigar como se propagan as ondas de radio VLF pola mesma, labor continuada polos seus sucesores, Kosmos 142 e Kosmos 259. Kosmos 119 foi inxectado nunha órbita inicial de 1305 km de apoxeo e 219 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,5 graos e un período de 99,7 minutos. Reentrou na atmosfera o 30 de novembro de 1966.

Notas

Véxase tamén Outros artigos DS-U2-I Kosmos 142 Kosmos 259

Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-U2-I