Kosmos 142 (Космос 142 en ruso), tamén denominado DS-U2-I Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 14 de febreiro de 1967 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.

Características Kosmos 142 foi o segundo membro do modelo de satélites DS-U2-I. Estaba adicado a facer observacións da ionosfera terrestre e investigar como se propagan as ondas de radio VLF pola mesma, labor comezada co seu predecesor Kosmos 119 e continuada polo seu sucesore, Kosmos 259. Kosmos 142 foi inxectado nunha órbita inicial de 1362 km de apoxeo e 214 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 100,1 minutos. Reentrou na atmosfera o 6 de xullo de 1967.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos DS-U2-I Kosmos 119 Kosmos 259

Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-U2-I