Wolfgang Alexander Albert Eduard Maximilian ReichsgrafGraf é un título alemán, traducido como Conde Berghe von Trips, nado en Colonia o 4 de maio de 1928 e finado en Monza o 10 de setembro de 1961, foi un piloto alemán de Fórmula 1. Era fillo dunha nobre familia renana"Von Trips, 11 Monza Fans Killed; Hill Wins", Los Angeles Times, 11 de setembro de 1961, Page C1..

Traxectoria Participou en 29 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, debutou o 2 de setembro de 1956. Gañou dúas carreiras, fixo unha pole position, logrou seis podios, e anotou un total de 56 puntos no campionato.

O Gran Premio de Italia de 1961 o 10 de setembro podería ser a culminación da carreira de Von Trips, un terceiro posto sería suficiente para asegurar o Campionato Mundial de Pilotos ese ano. No Gran Premio de Italia en Monza, o seu Ferrari chocou coLotus de Jim Clark. O seu coche voou polo aire e estrelouse contra unha barreira lateral, lanzou fatalmente a von Trips do coche, e matou a quince espectadores.

Clark describiu o accidente, dicindo:

"Von Trips e eu corriamos ao longo da recta e achegabámonos a unha das curvas peraltadas, a que está no extremo sur. Estabamos a uns 100 metros do inicio da curva. Von Trips corría cerca do interior da pista. Seguíao de cerca. Nun momento dado Von Trips desprazouse cara a un lado e as miñas rodas dianteiras chocaron coas súas rodas traseiras. Foi o momento fatal. O coche de Von Trips trompeou dúas veces e entrou no gardarail ao longo do interior da pista. Logo recuperouse, golpeou o meu propio coche e rebotou contra a multitude."

Von Trips estaba en camiño de converterse no primeiro alemán en gañar o Campionato Mundial de Fórmula 1. En 1961 von Trips montou unha pista de carreiras de karts en Kerpen, Alemaña. A pista foi logo arrendada a Rolf Schumacher, cuxos fillos, Michael e Ralf, deron as súas primeiras voltas alí. Coincidentemente, a vitoria de Michael no Gran Premio de Bélxica de 1992 sería o primeiro Gran Premio gañado por un alemán desde a última vitoria en Aintree de von Trips en 1961.

Que Wolfgang von Trips non se libraría do seu destino, é unha lenda urbana, o avión no que logo tiña previsto viaxar aos Estados Unidos estrelouse en Escocia. Con todo, parecía estar gafado no Autodromo Nazionale de Monza, onde se estrelou no Gran Premio de Italia de 1956 e no Gran Premio de Italia de 1958, e resultou ferido en ambos eventos.

Resultado completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 10 11 Pos Puntos Scuderia Ferrari Lancia-Ferrari D50 Ferrari V8 ARX MON 500 BEL FRA RU ALE ITANTS NC 0 Scuderia Ferrari Lancia-Ferrari D50A Ferrari V8 ARX6 * 14º 4 Ferrari 801 MONRet † 500 FRA RU ALE PES ITA3 Scuderia Ferrari Ferrari Dino 246 Ferrari V6 ARX MONRet NED 500 BEL FRA3 RURet ALE4 POR5 ITARet MAR 11º 9 Dr Ing hcf Porsche KG Porsche 718 F2 Porsche Flat-4 MONRet 500 NED FRA RU ALENTS POR ITA NC 0 Scuderia Ferrari Ferrari Dino 246 Ferrari V6 USA6 Scuderia Ferrari Ferrari Dino 246 Ferrari V6 ARX5 MON8 500 NED5 BELRet FRA11 RU6 POR4 7º 10 FerrariDino 246P F2 ITA5 Scuderia Centro Sud Cooper T51 Maserati4 en liña USA9 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 MON4 NED1 BEL2 FRARet RU1 ALE2 ITARet USA 2º 33

* Indican unidade compartida con Cesare Perdisa e Peter Collins† Indican unidade compartida con Mike Hawthorn

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20060622203505/http://www.automobil-rennsport-museum.de/ Film - Wolfgang Graf Berghe von Trips zwischen Rittergut und Rennstrecke

Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Alemaña Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Porsche Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Scuderia Centro Sud Categoría:Nados en Colonia Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 1961