miniatura|dereita|250px|Ácido palmitoleico.Outros nomes PubChem compound Palmitoleic acid: ácido (Z)-9-hexadecenoico,ácido hexadec-9-enoico,cis-ácido palmitoleico,9-cis-ácido hexadecenoicoNúmero CAS: 373-49-9.

O ácido palmitoleico ChemSpider Palmitoleic acid é un ácido graxo monoinsaturado omega-7 de 16 carbonos, que é un constituínte común dos glicéridos do tecido adiposo humano. Está presente en todos os tecidos, pero xeralmente se encontra en maiores concentracións no fígado. Biosintetízase a partir do ácido palmítico pola acción do encima delta-9 desaturase. Considérase un ácido graxo beneficioso, do que se observou que nos ratos incrementa a sensibilidade á insulina ao suprimir a inflamación, e inhibe a destrución das células beta pancreáticas secretoras de insulina.Chronic administration of palmitoleic acid reduces insulin resistance and hepatic lipid accumulation in KK-Ay Mice with genetic type 2 diabetes

A súa fórmula é CH3(CH2)5CH=CH(CH2)7COOH, que se pode abreviar como C16:1∆9, e leva un dobre enlace entre os carbonos 9 e 10 (que empezando a contar desde o final da cadea sería o sétimo carbono, polo que é un ácido graxo omega-7). O dobre enlace dálle un punto de fusión baixo, de 0,1 °C

Fontes As fontes dietarias de ácido palmitoleico inclúen diversos aceites de orixe animal, vexetal e mariña. O aceite de macadamia (Macadamia integrifolia) e o aceite de Hippophae rhamnoides son fontes vexetais con altas concentracións do 17% e 40% de ácido palmitoleico, respectivamente.

Efectos biolóxicos potenciais Nunha análise realizada a numerosos ácidos graxos, atopouse que o palmitoleato posiblemente inflúe na deposición e produción de graxa hepática, na acción da insulina, o palmitato, e a ácido graxo sintase, o que levou a propoñer para el o novo termo "lipoquina", xa que parece ter efectos similares aos dunha hormona.Identification of a Lipokine, a Lipid Hormone Linking Adipose Tissue to Systemic Metabolism, Department of Genetics and Complex Diseases, Harvard School of Public Health

Como un de tales efectos pode ser o de mellorar a sensibilidade á insulina, encontrouse que o ácido palmitoleico (C16:1 n-7) nos ratos diabéticos atenúa a hiperglicemia e a hipertrigliceridemia ao incrementar a sensibilidade á insulina, en parte debido á supresión de xenes proinflamatorios, e mellora o metabolismo lipídico hepático.Chronic administration of palmitoleic acid reduces insulin resistance and hepatic lipid accumulation in KK-Ay Mice with genetic type 2 diabetes, Central Research Laboratory, Tokyo Innovation Center, Nippon Suisan Kaisha

Outras investigacións preliminares indican que o ácido palmitoleico podería ter un papel como molécula sinalizadora que afecta ao peso corporal, un resultado que é concordante coas observacións previas de que o ácido palmitoleico, entre outros ácidos graxos da dieta, pode ser utilizado por encimas que afectan á oxidación das graxas.Power, G.W., Cake, M.H. & Newsholme E.A. (1997) The influence of diet on the activity of carnitine palmitoyltransferase 1 toward a range of acyl CoA esters. Lipids 32: 31-37 Consecuentemente, os tipos de aceites fabricados con alto contido de ácido palmitoleico poden servir para tratar a obesidade."Fat and Slimy" 7.30 Report, Australian Broadcasting Commission November 1995

Notas

Categoría:Ácidos graxos Categoría:Ácidos carboxílicos