miniatura|Portada da primira edición da primeira parte de El ingenioso hidalgo Don Quixote de la Mancha, libro de Miguel de Cervantes; publicado en Madrid, en 1605, na imprenta de Juan de la Cuesta. Esta obra é a editio princeps, do Quixote. Editio princeps é unha locución latina que significa literalmente "primeira edición". Trátase da primeira edición impresa dunha obra, inmediatamente posterior aos manuscritos do autor.
Normalmente emprégase para referirse a obras de prestixio que xa foron reeditadas varias veces, en especial, a obras clásicas greco-latinas. Por exemplo, á editio princeps de Homero é a de Demetrius Chalcondyles, que se cre que está datada en 1488. Os textos máis importante dos autores clásicos gregos e romanos foron, na súa maioría, producidos en editiones principes durante os anos 1465 a 1525, despois da aparición da imprenta en 1440.
Posteriormente, o termo tense estendido polos eruditos a obras que non forman parte das literaturas greco-latinas. Tamén se emprega para obras de tipo legal e documentos significativos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Checa Cremades, José Luis (7 de xaneiro de 2012). «Edición princeps». Encuadernación y artes del libro. Consultado o 24 de marzo de 2021
Categoría:Locucións latinas